"Dafni" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado ao oeste de Atenas. Fundado entre os ss V e VI, foi restaurado a finais do s XI. Ocupado polos croatas no s XIII, instaláronse nel os monxes cistercenses, que o abandonaron no 1458 trala invasión turca. Do s XVI ao s XIX habitárono os monxes ortodoxos. A igrexa, construída no s XI, segue as pautas do templo bizantino. O nártex reconstruíuse no s XIII con arcos oxivais. Destaca a cúpula octogonal apoiada en piares sobre trompas. No interior cómpre salientar os mosaicos do s XII, entre os que sobresae o de Hósios Lukás. A UNESCO declarouno Patrimonio da Humanidade en 1990.
-
-
Relativo ou pertencente aos dáfnidos.
-
Crustáceo da familia dos dáfnidos.
-
Familia de crustáceos á que pertence o xénero Daphnia, que inclúe as pulgas de auga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia extraída dos froitos do arbusto da especie Daphne mezereum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semideus de orixe siciliana, fillo de Hermes, deus dos rabaños, e dunha ninfa. O deus Pan ensinoulle a arte musical e as ninfas educárono no pastoreo. Conta a lenda que mentres pacían os seus rabaños tocaba a siringa e cantaba cancións bucólicas, por iso se converteu en figura predilecta deste tipo de cantos. Mozo dunha beleza extraordinaria, era amado por deuses e mortais, pero xuráralle fidelidade eterna á ninfa Nomia. Nunha ocasión, a filla dun rei de Sicilia embriagouno e mantivo unha relación con el; daquela, Nomia, anoxada pola infidelidade, deixouno cego. A partir dese momento, dedicouse a cantar cancións tristes ata que se tirou dende un cotarelo e se converteu en rocha.