"Danti" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

    1. Movemento musical máis lento que o andante.

    2. Fragmento escrito neste movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de axudante.

    2. Oficina do axudante.

    3. Delegacións que en portos de determinada importancia representaban a autoridade de Mariña; dependían directamente da Armada, e eran rexidas por un oficial da propia Mariña militar que recibía o nome de axudante de Mariña. As competencias das axundantías eran as de vixiar e regulamentar o desenvolvemento das actividades pesqueiras, do mesmo xeito que representaban a autoridade naval ante os mariñeiros da localidade. A Lei de Portos de 1992 rematou con esta institución nacida no s XIX, ocupando o seu lugar a Capitanía de Mariña, rexida por un capitán da mariña mercante, perdendo así o seu carácter militar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arseniosulfato hidratado de ferro e chumbo, de fórmula PbFe3[(OH)6SO4AsO4]. Forma cristais romboédricos, pseudocúbicos de cor verde escura, branca ou negra. Ten dureza 3,5-4,5, e peso específico 4-4,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de artistas e científicos italianos. Giulio Danti (Perugia 1500 - 1575) arquitecto e ourive, traballou no palacio dos Priores en Foligno e, entre outras obras, realizou o tabernáculo da igrexa inferior de Asís. O seu fillo Vicenzo Danti (Perugia 1530 - 1576), arquitecto, escultor e tratadista, foi discípulo de Ammanti. Traballou en Florencia e Perugia, onde foi profesor na Accademia del Disegno e arquitecto municipal. Cultivou un manierismo estilizado, influenciado pola admiración á obra de Michelangelo. Entre as súas obras destacan o bronce Degolación de san Xoán Bautista (1571), na porta sur do baptisterio da catedral de Florencia, e a figura de bronce do Papa Xulio III, situado en Perugia. Escribiu o primeiro volume do Tratado das perfectas proporcións (1567). O seu irmán Ignazio Danti (Perugia 1536 - Alatri 1586), matemático e tratadista, foi matemático do Papa Gregorio XIII. Realizou mapas de Italia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e naturalista. Foi catedrático de Agricultura no Instituto de San Isidro de Madrid. É un dos fundadores da moderna xeografía española. Destacan as súas obras Resumen fisiográfico de la Península Ibérica (1922) e Regiones naturales de España (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente literaria cultivada en España durante o s XV que se caracteriza pola imitación dos temas e das técnicas empregadas por Dante Alighieri e, en especial, da súa Divina Commedia. A tendencia perviviu ata o Renacemento, momento no que foi desprazada polo influxo predominante de Petrarca. Percíbese en certos poemas do Cancionero de Baena, como o “Dezyr a las siete virtudes”, de Micer Francisco Imperial, considerado o seu iniciador en España; en “Proceso entre dolencia, vejez, destierro y pobreza”, de Ruy Páez de Ribera; en Infierno de los enamorados e na Comedieta de Ponça, do Marqués de Santillana; e no Laberinto de Fortuna, de Juan de Mena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pedantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO