axudantía

axudantía

(< axudante)

  1. s f

    Cargo de axudante.

  2. s f

    Oficina do axudante.

  3. axudantía de Mariña [BÉL/HIST]

    Delegacións que en portos de determinada importancia representaban a autoridade de Mariña; dependían directamente da Armada, e eran rexidas por un oficial da propia Mariña militar que recibía o nome de axudante de Mariña. As competencias das axundantías eran as de vixiar e regulamentar o desenvolvemento das actividades pesqueiras, do mesmo xeito que representaban a autoridade naval ante os mariñeiros da localidade. A Lei de Portos de 1992 rematou con esta institución nacida no s XIX, ocupando o seu lugar a Capitanía de Mariña, rexida por un capitán da mariña mercante, perdendo así o seu carácter militar.

Palabras veciñas

axuda | axudador -ra | axudante -ta | axudantía | axudar | axudar | axugado -da