axudantía
axudantía
(< axudante)
-
s
f
Cargo de axudante.
-
s
f
Oficina do axudante.
-
axudantía de Mariña
[BÉL/HIST]
Delegacións que en portos de determinada importancia representaban a autoridade de Mariña; dependían directamente da Armada, e eran rexidas por un oficial da propia Mariña militar que recibía o nome de axudante de Mariña. As competencias das axundantías eran as de vixiar e regulamentar o desenvolvemento das actividades pesqueiras, do mesmo xeito que representaban a autoridade naval ante os mariñeiros da localidade. A Lei de Portos de 1992 rematou con esta institución nacida no s XIX, ocupando o seu lugar a Capitanía de Mariña, rexida por un capitán da mariña mercante, perdendo así o seu carácter militar.