axudante -ta

axudante -ta

(

  1. adx

    Que axuda.

    Ex: O médico axudante realizou a intervención con éxito.

  2. s
    1. Persoa que axuda ou asiste a alguén nalgún quefacer.

      Ex: Preciso un axudante de cociña.

      Sinónimos: asistente.
    2. [BÉL]

      Cabo ou oficial que, dentro da súa unidade, cumpre determinadas funcións e determinados servicios.

    3. [ESPECT/ARTE]

      Técnico adxunto ao realizador, xefe de produción, operador, enxeñeiro de son, decorador ou montador, encargado de prestarlles colaboración directa e auxilialos nas súas funcións.

    4. [PEDAG]

      Profesor adxunto.

  3. s m pl [MAR]

    Persoas que participan nos labores relacionados coa pesca realizada pola compañía; executan todos aqueles traballos de complemento necesarios e que non implican unha participación directa nas actividades de extracción. Teñen unha condición de socios dentro das compañías á parte.

  4. axudante de campo [BÉL]

    Cabo que cumpre as funcións de secretario e de auxiliar no mando xeral a quen serve.

  5. axudante de estudio [RELIX]

    Cargo das congregacións da curia romana. Constitúe o grao máis elevado de oficiais menores, poñentes e executores, no referente aos asuntos que lle son confiados.

  6. axudante de máquinas [MAR]

    Oficial de máquinas durante o período de prácticas regulamentarias para obter o título de maquinista naval.

  7. axudante de Mariña [BÉL/HIST]

    Oficial da Mariña de guerra que manda nun distrito marítimo. É o máximo representante da autoridade naval militar que antigamente se destacaba nun porto, e que adoitaba ser outorgada aos oficiais. Desempeña o seu posto na axudantía de Mariña. Depende do comandante militar de Mariña da provincia marítima á que pertence.

Palabras veciñas

axuaga | axuda | axudador -ra | axudante -ta | axudantía | axudar | axudar