axuda

axuda

(< axudar)

  1. s f

    Acción e resultado de axudar.

    Ex: Conseguiu aprobar o latín coa axuda dun profesor particular. Pediulle axuda porque xa non soportaba máis aquela desagradable situación.

    Sinónimos: acorro, auxilio, colaboración, cooperación.
  2. s f

    O que permite alcanzar un obxectivo prefixado.

    Ex: A axuda estatal chegou cando estabamos a punto de abandonar o proxecto.

  3. s f [HIST]
    1. Antigamente, acción e efecto de prestar axuda ou socorro, contribución ou subsidio ao Rei ou ao señor para sufragar as súas necesidades ou por causa de circunstancias especiais. Transformouse nun imposto sobre a carne, o viño e outros produtos.

    2. Complemento en diñeiro que, ademais do soldo, se entregaba aos que exercían un cargo.

  4. s f [INFORM]

    Aplicación, opción dun programa ou documentación destinada a facilitar o emprego correcto dunha aplicación ou dun aparato informático.

  5. s f [MED]

    enema.

  6. axuda á navegación aérea [AERON]

    Sistema de radionavegación, co que se asiste os avións durante o voo.

  7. axuda de custo

    Diñeiro que se entrega a funcionarios e algúns empregados para sufragaren os gastos diarios ocasionados en desprazamentos, fóra do lugar de residencia, por razón do seu traballo.

  8. axuda defensiva [DEP]

    En deportes colectivos de oposición, acción simultánea dun xogador en defensa da acción dun compañeiro de equipo; diríxese contra un contrario que non é o seu opoñente directo.

  9. axuda exterior [ECON]

    Bens de consumo, de equipo ou de capital cedidos polas organizacións de carácter internacional, polos organismos crediticios estatais ou polo sector privado, a un estado ou país coa finalidade de asegurar ou favorecer o seu desenvolvemento. Un dos exemplos máis coñecidos de axuda exterior foi o levado a cabo baixo o Plan Marshall. A axuda exterior multilateral lévana a cabo actualmente institucións financeiras internacionais, como a Asociación para o Desenvolvemento Internacional, filial do Banco Mundial, bancos rexionais de desenvolvemento e organizacións internacionais como a Unión Europea. Con respecto á OCDE, hai que destacar o papel do Comité de Axuda ao Desenvolvemento (CAD). A ONU ten fixado dende 1968, como obxectivo para a axuda pública ao desenvolvemento, a achega do 0,7% do produto nacional bruto de cada país.

Refráns

  • ande me habedes axudar, compadre, desaxudádesme.
  • Dixo un paxaro no souto: o que acabe antes que axude Ao outro.
  • En labor feito e pan cocido moito axuda un mal veciño.
  • Fágoche porque me fagas, que non es Deus que me vallas.
  • O que non axuda non merece axuda.
  • Quen o seu carro unta, aos seu s bois axuda.
  • Ti que non podes e eu "que me axudo, ímo-los dous ata o cabo do mundo.
  • Un tizón non arde sen outro / que o acompañe.
  • Vale máis pouca axuda que moita derruba.

Palabras veciñas

Axóuxere | Axquelón | axuaga | axuda | axudador -ra | axudante -ta | axudantía