auxilio

auxilio

(

  1. s m

    Axuda prestada a alguén que se atopa nunha situación perigosa ou difícil.

    Ex: Sempre me prestou o seu auxilio nos momentos difíciles.

    Sinónimos: amparo, socorro, amparo.
  2. s m [DER]

    Deber que, por razóns de humanidade, de parentesco, de interese público, etc, se impón pola lei obrigando a certas persoas ou entidades a axudar, asistir ou socorrer a outras, especialmente en situacións excepcionais. Deste xeito, non cumprir co deber de socorrer a toda persoa desamparada e en perigo manifesto ocasiona o delito de omisión de socorro; acontece co deber de cubrir as necesidades mínimas dos parentes pobres ou deber de alimentos e tamén co deber de prestarse auxilio mutuamente os órganos xudiciais (auxilio xudicial) ou outras autoridades non xudiciais. A omisión do deber de auxilio entre autoridades comporta o delito específico de omisión de auxilio.

  3. s m [LIT]

    Función identificada por Vladimir Propp (Morfoloxía do conto, 1928) na súa análise formal dos contos marabillosos, que designa as axudas que recibe o heroe para superar as probas que se lle presentan e conseguir o seu propósito.

  4. auxilios espirituais [RELIX]

    Sacramentos e sacramentais administrados ao cristián en perigo de morte (confesión, comuñón e extremaunción): a unción dos enfermos, o viático, a absolución sub conditione, a indulxencia in articulo mortis, a axuda “a ben morrer”, etc.