amparo
amparo
(< amparar)
-
Antropónimo feminino procedente do latín vulgar *anteparāre ‘previr, amparar’; xa que logo, Amparo significa ‘abeiro, defensa, protección’. É o nome dunha advocación mariana: a Nosa Señora dos Desamparados. A súa festividade celébrase o 9 de setembro na Peroxa e o 30 de outubro en Pontevedra.
-
s
m
Acción e efecto de amparar.
Ex: Foi o seu amparo diante dos comentarios que facía a xente.
Sinónimos: abeiro, abrigo, acubillo, defensa, protección, refuxio. -
s
m
Persoa ou cousa que exerce unha defensa ou protección sobre algo ou alguén, no sentido material ou espiritual.
Ex: O seu mellor amparo foron os amigos que endexamais o abandonaron. A fe nos seus valores foi o amparo que o salvou.
Sinónimos: abeiro, abrigo, acubillo, defensa, protección, refuxio. Antónimos: desamparo.
Frases feitas
-
ao abeiro de.
-
Ao amparo de. Que está protexido por algo. Ex: Mentres estivo no colexio estivo ao amparo do seu titor. SIN: