defensa

defensa

(< lat tardío defēnsa)

  1. Antónimos: ataque.
    1. s f

      Acción de defender ou defenderse.

      Ex: A defensa que realizou resultou pouco convincente.

      Antónimos: ataque.
    2. defensa persoal

      Técnica que permite defenderse de calquera agresión, incluso se é armada.

  2. s f

    Aquilo que se di ou escribe para defender a alguén ou a algunha cousa.

    Ex: Saíu o outro día un libro sobre a defensa do galego no s XIX.

    1. s f

      Cousa que defende ou protexe.

      Ex: Un coitelo era a súa única defensa contra o inimigo. Os gritos de socorro foron a súa defensa contra os lobos.

      Sinónimos: amparo, protección, amparo.
    2. s f

      Conxunto de obras de fortificación que serven para defender unha cidade ou outra posición.

      Ex: A súa misión era destruír as defensas inimigas.

    3. s f

      Peza que se coloca na parte dianteira e traseira dos vehículos para protexelos dos golpes.

      Ex: Tivo un accidente contra un valado e escachou a defensa do seu coche novo.

    4. s f [TECNOL]

      Gaiola de arame entrecruzado ou parede de chapa, plástico ou outro tipo de material que se coloca ao redor das máquinas que teñen pezas con movemento que poden ter un certo perigo de accidente para o traballador.

    5. s f [ETN]

      Protección empregada tradicionalmente para gardarse do demo e das bruxas. Pode estar representada por obxectos sagrados e armas. Os obxectos santos son os que fan referencia a Deus e ao culto cristián: cruces, evanxeos (símbolo da palabra de Deus), o nome de Xesús (ó pronuncialo foxen os poderes maléficos), auga bendita, pan (símbolo do pan eucarístico, da hostia sagrada), sal (intervén no bautismo, isto é, na expulsión do pecado e das tebras), madeira (símbolo do madeiro no que foi crucificado Xesucristo). As armas poden ser culturais (coitelos, espadas, navallas, murallas substituídas sempre por un círculo debuxado no chan) ou naturais (animais ou plantas como protección fronte aos inimigos). Entre estas últimas destacan os cornos, os dentes de xabaril e a pata de cabalo. Os cornos dos touros e cervos só se empregan nas casas e cortes, nas persoas substitúense por cornos como os da vacaloura ou polos formados cos dedos índice e maimiño á vez que se encollen os do medio. Tamén teñen poder denfesivo as patas de cabalo, por iso se adoita poñer unha ferradura, como representación delas, nas casas e cortes, se é posible usada, pois estivo en contacto coas patas do animal. Os dentes caninos do xabaril e do porco substitúense a miúdo nos colgantes por dentes de imitación e nas casas polas restras de allos (bulbo formado por moitos dentes). A defensa das persoas, a figa na que o polgar se mete entre o índice e o dedo medio representa o acto sexual, o triunfo do home sobre a muller, e en sentido simbólico, o triunfo do Ben sobre o Mal feminino. Finalmente, outros sistemas de defensa fronte aos poderes maléficos son as plantas e os froitos, como as castañas, que están protexidas polos ourizos. Así, polo san Xoán, empréganse como defensas simbólicas a auga purificadora e as plantas aromáticas, como o fiúncho, o codeso, o trobisco, o estalote, a malva, a artemisa, o sabugueiro, que se adoitan poñer nas portas, ventás e buracos das paredes para expulsar, co seu recendo, o fedor do Mal e das enfermidades; outras plantas, como o toxo, a silva ou o cardo defenden coas súas espiñas, e a espadana protexe coas súas follas que parecen espadas.

    6. s f [HERÁLD]

      Dente ou cairo saínte dun animal con distinto esmalte ao do resto do corpo.

    7. s f pl [MAR]

      Cabos de corda, mañuzos de esparto, pezas de goma ou de plástico que se colocan no costado dunha embarcación para preservala dos choques ou rozamentos contra outra ou contra o peirao.

    8. s f pl [ECOL]

      Conxunto de estruturas (cornos, espiñas), secrecións (metabolitos tóxicos, substancias mefíticas), procesos inmunolóxicos (fagocitose, produción de anticorpos) ou comportamentos (coloracións aposemáticas, frutificacións non periódicas) dos que se serven os seres vivos para manter a súa integridade física.

    9. defensa muscular [FISIOL]

      Contracción muscular involuntaria que tende a inmobilizar as rexións corporais que por un motivo, como pode ser unha lesión muscular ou unha fractura ósea, son moi dolorosas se se produce algún movemento.

    10. mecanismos de defensa [PSIC]

      Conxunto de medidas involuntarias ou inconscientes adoptadas polo individuo para protexerse dos efectos que derivan dunha situación desagradable, física ou mental, de aparición frecuente.

  3. s f [DER]
    1. Dereito que ten a persoa de demostrar, por ela mesma ou mediante unha persoa letrada, a falta de fundamento daquilo do que se lle acusa.

    2. Parte que é defensa nun proceso xudicial.

    3. Representante da parte que se defende.

    4. Conxunto de alegacións e razoamentos expostos polo avogado defensor no acto do xuízo para soster as teses favorables ao seu cliente e desvirtuar as alegacións da parte contraria.

    5. Actuación profesional do avogado en interese do seu cliente, dentro dun procedemento xudicial ou administrativo.

    6. defensa de pobre

      Beneficio procesual que consiste na administración gratuíta de xustiza, outorgada a aquelas persoas que non dispoñen de recursos económicos.

    7. lexítima defensa

      Circunstancia que exime da responsabilidade criminal cando se actúa en defensa da persoa ou dos dereitos, propios ou estraños, se a agresión é ilexítima e sempre que o xeito de impedila sexa racional. No dereito internacional público está permitida e confórmase como un dos dereitos fundamentais dos estados.

  4. [DEP]
    1. s f

      Disposición táctica dun deportista, ou dos compoñentes dun equipo ou dunha parte del, que ten como finalidade impedirlle ao contrincante a obtención dos obxectivos do xogo e a consecución dalgún punto.

    2. s

      Membro dun equipo deportivo que se sitúa nas áreas do terreo de xogo próximas á súa propia meta e que ten como misión principal impedir que os contrarios acaden os obxectivos do xogo.

    3. defensa central

      Xogador que ocupa o medio dunha liña defensiva integrada por tres ou máis compañeiros de equipo. Polo xeral, adoitan ser os membros máis corpulentos e de maior estatura do equipo.

    4. defensa en zona

      Sistema defensivo baseado nunha disposición ordenada dos xogadores que evoluciona dinamicamente en relación coa posición da pelota no campo, independentemente da colocación dos xogadores contrarios.

    5. defensa individual

      Sistema defensivo consistente en que cada xogador marque constantemente un determinado xogador do equipo atacante (opoñente directo) seguíndoo por todo o terreo de xogo.

    6. defensa lateral

      Xogador que ocupa un dos extremos dunha liña defensiva integrada por tres ou máis compañeiros de equipo.

    7. defensa libre

      Xogador que no fútbol non marca ningún contrario e que ten como misión sacar da propia área calquera pelota que sobrepase os seus compañeiros.

Refráns

  • A muller aguda co seu home se escuda.
  • Non fai pouco quen se defende doutro.