ataque

ataque

(

  1. s m

    Acción e efecto de atacar.

    Ex: Os soldados temían o ataque dos tanques. Non se librou do ataque dos seus alumnos por suspender á maioría da clase.

    Confrontacións: agresión, ofensiva.
  2. [BÉL]
    1. s m

      Conxunto de accións parciais por medio das que se avanza sobre a posición inimiga ata ocupala. O ataque comprende diversas fases que asolan obxectivos sucesivos. A pesar de que as situacións tácticas son múltiples, hai uns principios xerais de ataque: potencia na acción, concentración de medios, concentración de esforzos, unidade e coordinación de accións, simplificación dos procedementos, distribución dos medios e materialización da manobra.

    2. s m

      Toque de corneta ou de timbal co que se indicaba ás tropas o inicio do ataque.

    3. ataque e defensa arc

      Dise do xénero de obras polémicas ou poliorcéticas cultivadas polos enxeñeiros militares.

  3. s m [PAT]

    Acceso, polo xeral repentino, dunha doenza de carácter mental ou físico que se presenta bruscamente ou episodicamente.

  4. s m [IND]

    Operación que pon ao descuberto a estrutura dos metais e aliaxes no microscopio, mediante unha reacción sobre as superficies destes, previamente pulidas, cun reactivo de efecto diferencial sobre os distintos cristais ou constituíntes dos metais.

  5. s [DEP]
    1. Na esgrima, acción dirixida para ferir o adversario.

    2. Na natación, inicio da tracción dos brazos.

    3. Iniciativa para sobrepasar o adversario.

  6. s m [LING]

    Maneira de poñerse en movemento vibratorio as cordas vocais ao pronunciar un fonema vocálico en posición inicial de palabra ou de emisión fónica.

  7. s m [QUÍM]

    Acción destrutiva dunha substancia sobre un material ou, ás veces, modificación das características iniciais do material, especialmente as de tipo tecnolóxico, ata inutilizalo para algunhas das súas aplicacións habituais. Este proceso é gradual e, nalgúns casos, moi lento. Os tipos de ataque dependen da natureza do material, e poden clasificarse en: ataque a metais, denominado corrosión, de natureza química ou electroquímica; ataque a materiais inorgánicos non metálicos, fundamentalmente químico; e ataques a materiais orgánicos, en que, ademais de ser químicos, ten moita importancia o aspecto físico-químico doutros fenómenos que interveñen.

  8. ángulo de ataque [TECNOL]

    ángulo de desprendemento.

  9. s f liña de ataque [DEP]

    No fútbol, conxunto de xogadores que ocupan a dianteira e que teñen como misión principal a de marcar goles.

  10. s m punto de ataque [DEP]

    En alpinismo, lugar onde comeza propiamente unha ascensión ou escalada.

  11. s f táctica de ataque [DEP]

    Táctica do xogador ou do equipo que toma e mantén a iniciativa ofensiva nunha competición deportiva.