ofensiva

ofensiva

(< ofensivo)

  1. s f

    Acción e efecto de atacar.

    Sinónimos: ataque.
  2. s f
    1. Acto ou situación do que ataca.

      Ex: O equipo local pasou á ofensiva na segunda parte do partido.

    2. [BÉL]

      Acción militar que consiste en efectuar un movemento de ataque sobre as posicións do inimigo coa intención de conquistalas ou destruílas.

  3. tomar a ofensiva
    1. Comezar un ataque contra alguén.

    2. Situarse o primeiro nalgunha competencia ou pugna.

Palabras veciñas

ofender | ofendido -da | ofensa | ofensiva | ofensivo -va | ofensor -ra | oferente