atar
(< lat aptāre ‘axustar’)
-
v t
Facer un nó a unha fita, cinta, fío, lazo, corda ou calquera cousa semellante.
Ex: Quen che atou o lazo do pelo?
Sinónimos: agulletar, amarrar, amalloar, anoar. Antónimos: desamalloar, desatar. -
v t e pron
Impedir que algo quede solto ou libre suxeitándoo por medio dunha fita ou corda.
Ex: Atou o cabalo á columna. Os alpinistas átanse para escalar. Atei as caixas para levalas todas dunha vez.
Sinónimos: agulletar, amarrar, amalloar, anoar, lear, liar, ligar, prender. Antónimos: ceibar, desamalloar, desamarrar, desatar, deslear, desligar, soltar. -
v t
Impedir unha cousa ou alguén que unha persoa ande con total liberdade.
Ex: Non te decatas do que te atan os fillos ata que os tes.
-
v t
Poñer en relación unha cousa ou unha persoa con outra.
Ex: Os seus desexos átano ó seu traballo. Os recordos da miña nenez átanme ás terras de labranza.
-
v t
[MAR]
Repasar e recompoñer os desperfectos sufridos polos aparellos e redes de pesca.
Frases feitas
-
Atar a lingua. Conterse, non falar.
-
Atar cabos. Enlazar conceptos, para dar sentido ao que non se entende.
-
Atar curto. Impedir que alguén se comporte de forma natural.
-
Atar moscas polo rabo. Facer algo inútil.
-
Atar os cans con longaínzas. Facer algunha cousa imposible.
-
Nin/non ata nin desata. Que non é seguro ou vacila.
Palabras veciñas
Atapuerca | Atapuerca, Batalla de | ataque | atar | ataráctico -ca | ataraxia | atardecerIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ato
atas
ata
atamos
atades
atan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ataba
atabas
ataba
atabamos
atabades
ataban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atei
ataches
atou
atamos
atastes
ataron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atara
ataras
atara
ataramos
atarades
ataran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atarei
atarás
atará
ataremos
ataredes
atarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ataría
atarías
ataría
atariamos
atariades
atarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles ate
ates
ate
atemos
atedes
aten
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atase
atases
atase
atasemos
atasedes
atasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atar
atares
atar
atarmos
atardes
ataren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
ata
-
-
atade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles atar
atares
atar
atarmos
atardes
ataren
atada
atados
atadas