desatar

desatar

(< des- + atar)

  1. v t

    Soltar aquilo que está atado.

    Ex: Desatou a vaca e deixouna pacer polo campo. Desatou o pelo e lavou a cabeza.

    Sinónimos: desamarrar, deslear, desligar. Antónimos: atar.
  2. v t

    Comezar a manifestar algo que estaba inactivo ou contido.

    Ex: As declaracións desataron o debate na sociedade. Por fin desatou a lingua! Os feitos do fillo desataron a ira do pai.

  3. v t

    Producir algo unha reacción violenta.

    Ex: O fracaso das negociacións desatou unha vaga de atentados.

    Sinónimos: desencadear, levantar.
  4. v pron

    Soltarse aquilo que está atado.

    Ex: Hai que facerlle un nó para que non se desate.

  5. v pron

    Manifestarse algo inactivo ou contido de forma repentina.

    Ex: Desatouse a falar e non deixou dicir nada a ninguén.

  6. v pron

    Producirse algo que implica violencia.

    Ex: Desatouse unha guerra entre os dous países. Desatouse un temporal moi forte e os barcos non puideron ir pescar.

Palabras veciñas

desatador -ra | desatafegar | desatalar | desatar | desatascar | desataviar | desatavío
Conxugar
VERBO desatar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desato
desatas
desata
desatamos
desatades
desatan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desataba
desatabas
desataba
desatabamos
desatabades
desataban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatei
desataches
desatou
desatamos
desatastes
desataron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatara
desataras
desatara
desataramos
desatarades
desataran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatarei
desatarás
desatará
desataremos
desataredes
desatarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desataría
desatarías
desataría
desatariamos
desatariades
desatarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desate
desates
desate
desatemos
desatedes
desaten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatase
desatases
desatase
desatasemos
desatasedes
desatasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatar
desatares
desatar
desatarmos
desatardes
desataren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
desata
-
-
desatade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
desatar
desatares
desatar
desatarmos
desatardes
desataren
Xerundio desatando
Participio desatado
desatada
desatados
desatadas