levantar

levantar

(< levante, antigo p activo de levar)

  1. v t Antónimos: baixar.
    1. Mover algo ou a alguén cara a arriba, ou poñelo nun lugar máis alto.

      Ex: Levanta a man cando queiras falar. Para mover a cadeira levántaa, non a arrastres. Levantou a saia ata o xeonllo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Levanta por esa esquina que vai caer ó chan.

      Sinónimos: alzar, elevar, erguer. Antónimos: baixar.
    2. Dirixir algo cara a arriba.

      Ex: Levantou os ollos ó ceo.

      Sinónimos: alzar, erguer. Antónimos: baixar.
  2. v t Antónimos: deitar.
    1. Poñer algo ou a alguén dereito ou en posición vertical.

      Ex: Levanta esa roseira que dobrou o vento. Levanta a nena, que xa volveu caer.

      Sinónimos: erguer.
    2. Facer que alguén saia da cama.

      Ex: Levanta a teu pai que xa son horas de ir ó traballo.

      Sinónimos: erguer. Antónimos: deitar.
  3. v t

    Construír un edificio ou unha obra.

    Ex: Levantaron a parede nunhas poucas horas.

    Sinónimos: alzar, elevar, erguer.
  4. v t

    Provocar un determinado efecto.

    Ex: Os zapatos novos levantáronlle ampolas nos pés. A súa proposta para o cargo levantou moitas suspicacias.

  5. v t

    Facer algo máis intenso ou incrementar algo.

    Ex: Non fai falta que me levantes a voz.

    Sinónimos: elevar.
  6. v t

    Facer que a caza saia da súa gorida ou agocho.

    Ex: Foi chegar ó monte e o can xa lle levantou catro coellos.

  7. v t

    Desmantelar unha cousa.

    Ex: Levantaron o campamento e continuaron a expedición.

  8. v t

    Anular ou deixar algo sen efecto.

    Ex: Levantaron a prohibición de viaxar a ese país.

  9. v t

    Suscitar algo.

    Ex: Uns individuos descoñecidos levantaron sospeitas entre os veciños.

  10. v t

    Redactar un documento co fin de que quede constancia dun feito, dun acordo ou dunha manifestación de vontade.

    Ex: O notario levantou acta do acontecido.

  11. v t

    Separar unha cousa do que está unida ou pegada.

    Ex: Levanta o adhesivo con coidado para que non rompa.

  12. v t

    Proporcionar máis forza ao ánimo ou ao valor de alguén.

    Ex: Vou velo, a ver se lle levanto un pouco a moral.

  13. v t

    Facer que alguén se rebele contra algo ou alguén.

    Ex: A falta de alimentos levantou a poboación.

    Sinónimos: sublevar.
  14. v t

    Axudar a alguén nunha situación.

    Ex: Foi o seu sogro quen os levantou cando estaban empeñados.

  15. v t

    Fundar ou levar a diante algo.

    Ex: Levantou un imperio comercial. Entre os dous levantaron unha magnífica familia.

  16. v i

    Deixar de chover ou mellorar o tempo.

    Ex: En canto levante un pouco o día sairemos de paseo.

  17. v pron

    Moverse cara a arriba.

    Ex: Ó pasar o coche levantáronse as follas caídas.

  18. v pron

    Saír alguén da cama.

  19. v pron

    Poñerse de pé.

    Ex: Se te levantas cólleme un refresco da neveira.

  20. v pron

    Elevarse ou sobresaír sobre unha superficie.

    Ex: A torre da catedral levantábase maxestosa sobre os tellados.

  21. v pron

    Comezar a aparecer algo.

    Ex: Levantáronse rumores de que haberá un cambio de goberno.

  22. v pron

    Comezar a facer vento ou a axitarse o mar.

  23. v pron

    Deixar algo de estar pegado ou unido a algo.

    Ex: Levantáronse as baldosas da cociña.

  24. v pron

    Rebelarse alguén contra algunha autoridade.

    Ex: Levantáronse en armas contra o ditador.

  25. levantar voo

    Separarse un aparato de aviación do chan ou do mar ao comezar o voo.

Frases feitas

  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.

  • Levantar a carne. Sacar a carne do sal.

  • Levantar a eira. Recoller o gran.

  • Levantar a eira. Recoller o gran.

  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.

  • Levantar a lebre. Descubrir algo que estaba oculto.

  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situación desagradable.

  • Levantar cabeza. Recuperarse dunha situación desagradable.

  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.

  • Levantarse o leite. Deixar de dar leite.

  • 2 Pegar a alguén.

  • 2 Pegar a alguén.

  • Levantar a man contra alguén 1 Ameazar a alguén.

  • Levantar a man contra alguén 1 Ameazar a alguén.

  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.

  • Levantar as patacas. Recoller as patacas.

  • Levantarse dos pés de atrás. Arrepoñerse.

  • Levantarse dos pés de atrás. Arrepoñerse.

Palabras veciñas

levantador -ra | levantamento | Levantamento de 1846 | levantar | levante | Levante | Levante
Conxugar
VERBO levantar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levanto
levantas
levanta
levantamos
levantades
levantan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantaba
levantabas
levantaba
levantabamos
levantabades
levantaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantei
levantaches
levantou
levantamos
levantastes
levantaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantara
levantaras
levantara
levantaramos
levantarades
levantaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantarei
levantarás
levantará
levantaremos
levantaredes
levantarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantaría
levantarías
levantaría
levantariamos
levantariades
levantarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levante
levantes
levante
levantemos
levantedes
levanten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantase
levantases
levantase
levantasemos
levantasedes
levantasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantar
levantares
levantar
levantarmos
levantardes
levantaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
levanta
-
-
levantade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
levantar
levantares
levantar
levantarmos
levantardes
levantaren
Xerundio levantando
Participio levantado
levantada
levantados
levantadas