baixar
(< lat v *bassiāre
-
v t
Levar a alguén ou algunha cousa de arriba a abaixo, dun punto a outro situado nun nivel inferior ou no chan.
Ex: Baixou os libros do faiado.
Antónimos: elevar, erguer, levantar, subir. -
v t
Ir de arriba a abaixo, dun punto a outro situado nun nivel máis baixo.
Ex: Baixamos a corredoira ó trote.
Sinónimos: abaixar, descender. -
v t
Inclinar ou orientar algo cara a abaixo.
Ex: Baixa un pouquiño a xerra, que así non verte. Non quero que baixes a cabeza cada vez que falo contigo.
Sinónimos: abaixar. Antónimos: elevar, levantar. -
v t
Facer que algunha cousa vaia de máis a menos.
Ex: Baixamos a temperatura da calefacción porque era excesiva. Nas rebaixas sempre baixan os prezos das cousas.
Sinónimos: abaixar. Antónimos: subir. -
v t
Estender un anaco de tecido para facer máis longa algunha peza de roupa.
Ex: Baixou unha perna do pantalón máis ca a outra.
Sinónimos: coller, meter, subir. -
v i
Ir dende un lugar, unha posición ou unha altura ata outra máis baixa.
Ex: Quixemos baixar ata a beira do río, pero había demasiados toxos.
Sinónimos: abaixar, descender. Antónimos: subir. -
v i
Moverse cara á parte de abaixo dalgunha cousa á que se está subido ata chegar ao chan.
Ex: Baixa xa desa rocha que vas caer.
Sinónimos: descender. Antónimos: subir. -
v i
Saír do interior dun vehículo ou do sitio no que se vai sentado ata ter o corpo no exterior ou os pés no chan.
Ex: Caín ó baixar do autobús.
Antónimos: subir, montar. -
v i
Ir facéndose algunha cousa máis pequena ou máis escasa.
Ex: A masa do biscoito baixa se lle abres a porta ó forno mentres se está cocendo. Cada vez que me dás unha insatisfacción, baixan os meus ánimos.
Sinónimos: diminuír, minguar. -
v i
Quedar situado nun nivel máis baixo ou a un grao inferior de intensidade.
Ex: O Madrid baixou dous postos na clasificación.
Sinónimos: descender. Antónimos: ascender, subir. -
v i
Percorrer unha determinada distancia en dirección sur.
Ex: Nas vacacións baixaron ata as illas Canarias.
-
v pron
Moverse de arriba a abaixo ou inclinarse algo ou alguén cara ao chan.
Ex: A ver se podes recollerme ese pano do chan que levei un golpe nas costas e non podo baixarme. Baixáronseche os calcetíns e vénseche os nocellos.
Antónimos: erguer. -
v pron
Realizar ou dicir algo que provoque a perda da dignidade ou do orgullo.
Ex: Incomodouse sen motivo e aínda non quere baixarse a falar comigo.
-
v t
[INFORM]
Copiar directamente nun ordenador un programa ou documento, conseguíndoo a través dunha rede como a Internet, do mesmo xeito que se se copiase desde un CD-ROM ou un disquete. Na actualidade é o único medio que ofrecen moitas compañías informáticas para que os usuarios obteñan un programa ou actualicen os seus produtos conforme van saíndo versións melloradas ou corrixidas dos mesmos. A miúdo, o usuario pode escoller entre varios servidores situados en distintos lugares do mundo para realizar a descarga de datos desde aquel que estea menos saturado ou que sexa capaz de transferir paquetes de información a maior velocidade. Aínda que se poden baixar documentos e aplicacións desde calquera servidor, existen máquinas destinadas especificamente a ese labor que traballan conforme ao chamado Protocolo de Transferencias de Ficheiros (File Transfer Protocol ou FTP). Así mesmo, é posible baixar documentos ou aplicacións empregando un navegador, pero existen outras aplicacións destinadas a esta tarefa con opcións como a de deter unha descarga cando se desexe e reanudala cando se precise, sen que os datos baixados anteriormente se perdan.
Sinónimos: descargar.
Frases feitas
-
Baixar a cabeza. Obedecer.
-
Baixar a(s) orella(s). Humillarse ou obedecer sen protestar.
-
Baixar os santos do ceo. Dise dunha persoa cando está irritada.
-
Baixar/arrear os pantalóns. Evacuar as feces.
-
Baixar/dobrar o lombo/espiñazo. Traballar.
-
Baixarlle a crista/as orellas. Vexar a alguén.
-
Baixarlle/rebaixarlle os fumes a alguén. Provocar que perda altiveza.
-
En todas partes erguen e baixan. En todos os lugares acontecen as mesmas cousas.
-
Non baixar da burra. Insistir con obstinación nunha idea.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixo
baixas
baixa
baixamos
baixades
baixan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixaba
baixabas
baixaba
baixabamos
baixabades
baixaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixei
baixaches
baixou
baixamos
baixastes
baixaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixara
baixaras
baixara
baixaramos
baixarades
baixaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixarei
baixarás
baixará
baixaremos
baixaredes
baixarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixaría
baixarías
baixaría
baixariamos
baixariades
baixarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixe
baixes
baixe
baixemos
baixedes
baixen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixase
baixases
baixase
baixasemos
baixasedes
baixasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixar
baixares
baixar
baixarmos
baixardes
baixaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
baixa
-
-
baixade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles baixar
baixares
baixar
baixarmos
baixardes
baixaren
baixada
baixados
baixadas