coller

coller

(< lat colligĕre‘recoller, reunir’)

  1. v t

    Poñer adecuadamente unha parte do corpo, xeralmente os dedos ou as mans, ou un instrumento en algo ou alguén para suxeitalo ou sostelo. Na tradición recóllense ditos como: “Cólleme, ao lombo, verás canto peso. Coller o que dan, e sospirar polo que queda. Has de collelas con tento e has de matalas calando. Máis axiña se colle un mintiroso que un coxo. O que colle a anguía polo rabo e a muller pola palabra, faga de conta que non colleu nada. Quen o collera onde o lobo come a ovella! Vicios collas, que non tollas”. Ex: Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro. A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos. Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar. Colleuno no colo para que se calmase. Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa. Na fotografía aparecía collendo un paraugas.

    Ex: Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro. A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos. Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar. Colleuno no colo para que se calmase. Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa. Na fotografía aparecía collendo un paraugas.

  2. v t

    Apoderarse de algo alleo, sen permiso do dono, para usalo ou roubalo. Ex: Sempre me colle os meus cigarros. Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes.

    Ex: Sempre me colle os meus cigarros. Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes.

  3. v t

    Facer a colleita dos froitos da terra.

    Ex: Como non collamos as patacas vanse estragar.

    Sinónimos: recoller.
  4. v t
    1. Alcanzar a alguén ou algo. Ex: Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza.

      Ex: Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza.

    2. Alcanzar e apresar a alguén ou algunha cousa que se persegue ou que pode escapar.

      Ex: Os policías colleron os ladróns do banco. O gato colleu o rato despois de perseguilo por toda a cociña.

      Sinónimos: atrapar, pillar.
    3. Capturar animais que están en liberdade.

      Ex: Estivo varias horas no peirao pero non colleu ningunha lura. Fixeron unha batida e colleron dous xabaríns.

      Sinónimos: pillar.
    4. Alcanzar algo que se move a alguén e bater con intensidade contra el.

      Ex: Cando era neno colleume un castrón. Os peóns teñen que ter moito coidado para que non os colla ningún coche. A estada caeu e colleuna debaixo cando paseaba pola rúa.

      Confrontacións: atropelar, pillar.
  5. v t
    1. Atopar e descubrir a alguén nunha situación, nunha actitude ou nun lugar no que non quere ser descuberto por tratarse de algo comprometido.

      Ex: Collino criticando ó meu irmán e ruborizouse. Os seus pais collérono fumando. O profesor colleume copiando no exame.

      Sinónimos: pillar, sorprender.
    2. Atopar a alguén en certa forma. Ex: Collino contento e non me berregou por chegar tarde. O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta. A choiva colleunos sen roupa adecuada.

      Ex: Collino contento e non me berregou por chegar tarde. O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta. A choiva colleunos sen roupa adecuada.

    3. Suceder algo que sorprende a alguén nunha determinada actitude ou lugar.

      Ex: A morte do seu pai colleuno de viaxe e tivo que volver de contado. O estalido da guerra colleuno de vacacións en Bueu.

      Confrontacións: pillar.
  6. v t
    1. Pasar a ter algunha cousa material ou inmaterial. Ex: Collín hora para as doce no xinecólogo. Colleu sitio na cola para comprar o billete.

      Ex: Collín hora para as doce no xinecólogo. Colleu sitio na cola para comprar o billete.

    2. Converterse no dono dalgunha cousa a cambio de diñeiro.

      Ex: Cóllelle unhas sardiñas á peixeira. Colliches as entradas para o concerto?

      Sinónimos: comprar, mercar.
    3. Contratar ou aceptar a alguén para realizar un determinado traballo ou actividade. Ex: Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto. Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal.

      Ex: Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto. Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal.

  7. v t

    Recibir alguén algunha cousa do xeito que se indica.

    Ex: Todo o equipo colleu ben a derrota na final. Colleu con indiferencia a boa nova.

    Sinónimos: tomar.
  8. v t

    Incorporarse a un traballo ou a unha actividade no momento que se indica. Ex: Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro.

    Ex: Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro.

  9. v t
    1. Comezar a sentir os efectos dalgunha cousa.

      Ex: Case todos os nenos da clase colleron o sarampelo. Bebeu moito e colleu unha borracheira.

      Sinónimos: agarrar, apañar, pillar.
    2. Comezar a sentir algo por alguén ou por algo. Ex: Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño.

      Ex: Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño.

    3. Experimentar unha determinada sensación ou estado causado polos axentes atmosféricos. Ex: Cando saíu á rúa colleuno o frío. Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación.

      Ex: Cando saíu á rúa colleuno o frío. Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación.

    4. Percibir unha determinada sensación. Ex: Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura. Colleulle aversión ao peixe cocido. Colleu moita rabia cando viu o que pasara. Collémoslle gusto á comida vexetariana.

      Ex: Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura. Colleulle aversión ao peixe cocido. Colleu moita rabia cando viu o que pasara. Collémoslle gusto á comida vexetariana.

    5. Adquirir un vicio ou un costume determinado. Ex: Non quero poñer esa saia porque lle collín manía. Collín o vicio de saír todos os días.

      Ex: Non quero poñer esa saia porque lle collín manía. Collín o vicio de saír todos os días.

  10. v t

    Espallarse unha cousa por un espazo ou por algo.

    Ex: O muro da casa colle parte do camiño. O cancro colleulle o pulmón dereito.

    Sinónimos: ocupar.
  11. v t

    Adquirir unha calidade ou algo do que se carecía.

    Ex: Despois de varias sesións de rehabilitación xa colleu confianza en si mesmo. O pan que tiña gardado colleu balor.

    Confrontacións: cobrar, tomar.
  12. v t
    1. Chegar a entender algo.

      Ex: Axiña colleu as explicacións do novo proxecto. Colleu rapidamente cál era o sentido das súas palabras.

      Sinónimos: captar.
    2. Recibir o sinal dalgún centro emisor.

      Ex: Cando hai treboada cóllense moi mal algunhas canles de televisión.

    3. Aprender algo. Ex: Os cativos collen os xestos dos pais. En pouco tempo colleu os xiros do italiano.

      Ex: Os cativos collen os xestos dos pais. En pouco tempo colleu os xiros do italiano.

    4. Acostumarse a algo determinado. Ex: En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia.

      Ex: En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia.

  13. v t

    Poñer por escrito algunha cousa que reproduce o que se está a oír.

    Ex: O antropólogo collía notas de todo o que lle dicían. Non adoitaba coller apuntamentos en clase.

    Confrontacións: tomar.
  14. v t

    Optar por unha cousa ou por unha persoa entre varias.

    Ex: Collín o día de máis calor para ir ó cine. Collemos só a un dos cinco que se presentaron ás probas.

    Sinónimos: escoller.
  15. v t

    Exercitar un dereito. Ex: Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto.

    Ex: Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto.

  16. v t

    Usar un medio de transporte para desprazarse.

    Ex: Se apuramos, collemos o autobús das cinco. Para ir a Venezuela colleron o avión.

    Sinónimos: tomar.
  17. v t

    Danar unha parte do corpo ao quedar aprisionada nunha cousa.

    Ex: Colleu os dedos coa porta e botoulle xeo para a inchazón.

    Sinónimos: pillar.
  18. v t

    Impregnarse algunha cousa doutra. Ex: A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz. A roupa colleu o cheiro do tabaco.

    Ex: A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz. A roupa colleu o cheiro do tabaco.

  19. v t

    Acurtar unha peza de roupa recollendo un pouco de tecido.

    Ex: Colleulle un pouco ó vestido porque era longo de máis.

    Sinónimos: meter, subir. Antónimos: baixar.
  20. v t

    Ir por unha dirección determinada. Ex: Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes. OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía).

    Ex: Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes. OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía).

    Sinónimos: tomar.
  21. v i

    Infectarse unha ferida ou unha lesión cutánea.

    Ex: Colleulle o gran e tivo que abrilo a cirurxiá.

  22. v i

    Haber espacio suficiente para pasar ou para meter algunha cousa ou a alguén.

    Ex: Tivemos que desmontar o armario para baixalo porque non collía pola porta. No meu coche só collen cinco persoas. Xa non colle máis auga no vaso.

    Sinónimos: caber.
Conxugar
VERBO coller
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collo
colles
colle
collemos
colledes
collen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collía
collías
collía
colliamos
colliades
collían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collín
colliches
colleu
collemos
collestes
colleron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collera
colleras
collera
colleramos
collerades
colleran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collerei
collerás
collerá
colleremos
colleredes
collerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collería
collerías
collería
colleriamos
colleriades
collerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colla
collas
colla
collamos
collades
collan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collese
colleses
collese
collesemos
collesedes
collesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
colle
-
-
collede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren
Xerundio collendo
Participio collido/colleito
collida/colleita
collidos/colleitos
collidas/colleitas