tomar
(< lat hisp*tumāre
-
v t
Coller coa man algo que outra persoa dá.
Ex: Toma o que che dou.
-
v t
Pasar a ter algo non material que se expresa.
Ex: Tomei medo despois de ver a película.
-
v t
Comer ou beber algo.
Ex: Tomei un cocido moi bo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Ultimamente non toma.
-
v t
Calcular unha medida para coñecela.
Ex: Xa me tomaron a medida da saia.
-
v t
Interpretar algo ou a alguén de determinada maneira.
Ex: Non sei como tomar o que me dixo.
-
v t
Adquirir un compromiso mediante algún contrato ou acordo.
Ex: Tomouno por marido. Tomei unha camareira por horas.
-
v t
Reproducir por escrito o que di alguén.
Ex: Tomei apuntamentos na aula.
-
v t
Conquistar un lugar.
Ex: Os romanos tomaron esta cidade.
-
v t
Usar un medio de transporte.
Ex: Imos tomar un taxi.
-
v t
Sacar auga ou electricidade dunha construción principal a outra secundaria.
Ex: Non lles deixan tomar a auga deste encoro.
-
v t
Coller unha dirección determinada.
Ex: Tomei un camiño sen saída. OBS: Adoita empregarse seguido de preposición. Ex: Tomei pola dereita naquela rúa.
-
v t
Adoptar aquilo que se indica.
Ex: Tivemos que tomar medidas cos novos alumnos.
-
v t
Realizar a acción que indica o substantivo.
Ex: Antes de cear tomei un baño.
-
v t
Fotografar ou filmar algo.
Ex: Tomei varias fotografías en Asturias.
Frases feitas
-
Tomar a alguén por/Tomar por. Interpretar que alguén é dunha maneira diferente á que se expresa.
-
Tomar medidas. Levar á práctica decisións relevantes.
-
Tomar partido. Decidirse por unha opción entre varias.
-
Tomar terra. Aterrar un avión ou un aparato semellante.
-
Tomar a ben/a mal. Interpretar no bo ou mal sentido as palabras ou accións de alguén.
-
Tomar a palabra. Comezar a falar.
-
Tomar a peito. Interesarse ou empeñarse excesivamente en algo.
-
Tomarse a voz. Quedar sen ou case sen voz.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomo
tomas
toma
tomamos
tomades
toman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomaba
tomabas
tomaba
tomabamos
tomabades
tomaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomei
tomaches
tomou
tomamos
tomastes
tomaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomara
tomaras
tomara
tomaramos
tomarades
tomaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomarei
tomarás
tomará
tomaremos
tomaredes
tomarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomaría
tomarías
tomaría
tomariamos
tomariades
tomarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tome
tomes
tome
tomemos
tomedes
tomen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomase
tomases
tomase
tomasemos
tomasedes
tomasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomar
tomares
tomar
tomarmos
tomardes
tomaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
toma
-
-
tomade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles tomar
tomares
tomar
tomarmos
tomardes
tomaren
tomada
tomados
tomadas