coller
(< lat colligĕre‘recoller, reunir’)
-
v t
Poñer adecuadamente unha parte do corpo, xeralmente os dedos ou as mans, ou un instrumento en algo ou alguén para suxeitalo ou sostelo. Na tradición recóllense ditos como: “Cólleme, ao lombo, verás canto peso. Coller o que dan, e sospirar polo que queda. Has de collelas con tento e has de matalas calando. Máis axiña se colle un mintiroso que un coxo. O que colle a anguía polo rabo e a muller pola palabra, faga de conta que non colleu nada. Quen o collera onde o lobo come a ovella! Vicios collas, que non tollas”. Ex: Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro. A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos. Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar. Colleuno no colo para que se calmase. Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa. Na fotografía aparecía collendo un paraugas.
Ex: Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro. A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos. Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar. Colleuno no colo para que se calmase. Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa. Na fotografía aparecía collendo un paraugas.
-
v t
Apoderarse de algo alleo, sen permiso do dono, para usalo ou roubalo. Ex: Sempre me colle os meus cigarros. Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes.
Ex: Sempre me colle os meus cigarros. Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes.
-
v t
Facer a colleita dos froitos da terra.
Ex: Como non collamos as patacas vanse estragar.
Sinónimos: recoller. -
v t
-
Alcanzar a alguén ou algo. Ex: Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza.
Ex: Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza.
-
Alcanzar e apresar a alguén ou algunha cousa que se persegue ou que pode escapar.
Ex: Os policías colleron os ladróns do banco. O gato colleu o rato despois de perseguilo por toda a cociña.
Sinónimos: atrapar, pillar. -
Capturar animais que están en liberdade.
Ex: Estivo varias horas no peirao pero non colleu ningunha lura. Fixeron unha batida e colleron dous xabaríns.
Sinónimos: pillar. -
Alcanzar algo que se move a alguén e bater con intensidade contra el.
Ex: Cando era neno colleume un castrón. Os peóns teñen que ter moito coidado para que non os colla ningún coche. A estada caeu e colleuna debaixo cando paseaba pola rúa.
Confrontacións: atropelar, pillar.
-
-
v t
-
Atopar e descubrir a alguén nunha situación, nunha actitude ou nun lugar no que non quere ser descuberto por tratarse de algo comprometido.
Ex: Collino criticando ó meu irmán e ruborizouse. Os seus pais collérono fumando. O profesor colleume copiando no exame.
Sinónimos: pillar, sorprender. -
Atopar a alguén en certa forma. Ex: Collino contento e non me berregou por chegar tarde. O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta. A choiva colleunos sen roupa adecuada.
Ex: Collino contento e non me berregou por chegar tarde. O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta. A choiva colleunos sen roupa adecuada.
-
Suceder algo que sorprende a alguén nunha determinada actitude ou lugar.
Ex: A morte do seu pai colleuno de viaxe e tivo que volver de contado. O estalido da guerra colleuno de vacacións en Bueu.
Confrontacións: pillar.
-
-
v t
-
Pasar a ter algunha cousa material ou inmaterial. Ex: Collín hora para as doce no xinecólogo. Colleu sitio na cola para comprar o billete.
Ex: Collín hora para as doce no xinecólogo. Colleu sitio na cola para comprar o billete.
-
Converterse no dono dalgunha cousa a cambio de diñeiro.
Ex: Cóllelle unhas sardiñas á peixeira. Colliches as entradas para o concerto?
Sinónimos: comprar, mercar. -
Contratar ou aceptar a alguén para realizar un determinado traballo ou actividade. Ex: Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto. Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal.
Ex: Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto. Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal.
-
-
v t
Recibir alguén algunha cousa do xeito que se indica.
Ex: Todo o equipo colleu ben a derrota na final. Colleu con indiferencia a boa nova.
Sinónimos: tomar. -
v t
Incorporarse a un traballo ou a unha actividade no momento que se indica. Ex: Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro.
Ex: Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro.
-
v t
-
Comezar a sentir os efectos dalgunha cousa.
Ex: Case todos os nenos da clase colleron o sarampelo. Bebeu moito e colleu unha borracheira.
Sinónimos: agarrar, apañar, pillar. -
Comezar a sentir algo por alguén ou por algo. Ex: Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño.
Ex: Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño.
-
Experimentar unha determinada sensación ou estado causado polos axentes atmosféricos. Ex: Cando saíu á rúa colleuno o frío. Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación.
Ex: Cando saíu á rúa colleuno o frío. Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación.
-
Percibir unha determinada sensación. Ex: Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura. Colleulle aversión ao peixe cocido. Colleu moita rabia cando viu o que pasara. Collémoslle gusto á comida vexetariana.
Ex: Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura. Colleulle aversión ao peixe cocido. Colleu moita rabia cando viu o que pasara. Collémoslle gusto á comida vexetariana.
-
Adquirir un vicio ou un costume determinado. Ex: Non quero poñer esa saia porque lle collín manía. Collín o vicio de saír todos os días.
Ex: Non quero poñer esa saia porque lle collín manía. Collín o vicio de saír todos os días.
-
-
v t
Espallarse unha cousa por un espazo ou por algo.
Ex: O muro da casa colle parte do camiño. O cancro colleulle o pulmón dereito.
Sinónimos: ocupar. -
v t
Adquirir unha calidade ou algo do que se carecía.
Ex: Despois de varias sesións de rehabilitación xa colleu confianza en si mesmo. O pan que tiña gardado colleu balor.
Confrontacións: cobrar, tomar. -
v t
-
Chegar a entender algo.
Ex: Axiña colleu as explicacións do novo proxecto. Colleu rapidamente cál era o sentido das súas palabras.
Sinónimos: captar. -
Recibir o sinal dalgún centro emisor.
Ex: Cando hai treboada cóllense moi mal algunhas canles de televisión.
-
Aprender algo. Ex: Os cativos collen os xestos dos pais. En pouco tempo colleu os xiros do italiano.
Ex: Os cativos collen os xestos dos pais. En pouco tempo colleu os xiros do italiano.
-
Acostumarse a algo determinado. Ex: En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia.
Ex: En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia.
-
-
v t
Poñer por escrito algunha cousa que reproduce o que se está a oír.
Ex: O antropólogo collía notas de todo o que lle dicían. Non adoitaba coller apuntamentos en clase.
Confrontacións: tomar. -
v t
Optar por unha cousa ou por unha persoa entre varias.
Ex: Collín o día de máis calor para ir ó cine. Collemos só a un dos cinco que se presentaron ás probas.
Sinónimos: escoller. -
v t
Exercitar un dereito. Ex: Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto.
Ex: Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto.
-
v t
Usar un medio de transporte para desprazarse.
Ex: Se apuramos, collemos o autobús das cinco. Para ir a Venezuela colleron o avión.
Sinónimos: tomar. -
v t
Danar unha parte do corpo ao quedar aprisionada nunha cousa.
Ex: Colleu os dedos coa porta e botoulle xeo para a inchazón.
Sinónimos: pillar. -
v t
Impregnarse algunha cousa doutra. Ex: A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz. A roupa colleu o cheiro do tabaco.
Ex: A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz. A roupa colleu o cheiro do tabaco.
-
v t
Acurtar unha peza de roupa recollendo un pouco de tecido.
Ex: Colleulle un pouco ó vestido porque era longo de máis.
Sinónimos: meter, subir. Antónimos: baixar. -
v t
Ir por unha dirección determinada. Ex: Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes. OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía).
Ex: Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes. OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía).
Sinónimos: tomar. -
v i
Infectarse unha ferida ou unha lesión cutánea.
Ex: Colleulle o gran e tivo que abrilo a cirurxiá.
-
v i
Haber espacio suficiente para pasar ou para meter algunha cousa ou a alguén.
Ex: Tivemos que desmontar o armario para baixalo porque non collía pola porta. No meu coche só collen cinco persoas. Xa non colle máis auga no vaso.
Sinónimos: caber.
Palabras veciñas
Collema | Collenucio, Pandolfo | Colleoni, Bartolomeo | coller | Colles, Abraham | Collet, Charles | Collet, ClaudeIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collo
colles
colle
collemos
colledes
collen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collía
collías
collía
colliamos
colliades
collían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collín
colliches
colleu
collemos
collestes
colleron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collera
colleras
collera
colleramos
collerades
colleran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collerei
collerás
collerá
colleremos
colleredes
collerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collería
collerías
collería
colleriamos
colleriades
collerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles colla
collas
colla
collamos
collades
collan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles collese
colleses
collese
collesemos
collesedes
collesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
colle
-
-
collede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren
collida/colleita
collidos/colleitos
collidas/colleitas