meter

meter

(< lat mittĕre)

  1. v t

    Facer que algo ou alguén  entre no interior dunha cousa ou dun lugar.

    Ex: É mellor que metas o coche no garaxe. Meteu os cartos nun sobre.

    Sinónimos: introducir.
  2. v t

    Dirixir por un lugar ou situar nun lugar.

    Ex: Raiou o coche ao metelo pola corredoira.

  3. v t

    Colocar algo nun lugar arredado de forma que é difícil de atopar.

    Ex: Non sei onde metín o lapis.

  4. v t

    Facer que alguén ingrese nun centro ou nunha colectividade, ou que se dedique a unha profesión ou oficio.

    Ex: Meteu a irmá na asociación sen contar con ela. O pai meteuno de aprendiz de carpinteiro.

  5. v t

    Empregar certa cantidade de diñeiro nalgunha cousa ou gardalo nunha entidade bancaria.

    Ex: Metín cincuenta euros nun pantalón e quédame curto. Xa che metín os cartos para o mes na túa conta.

  6. v t

    Facer que alguén comparta unha determinada ideoloxía.

    Ex: Foi a nai quen o meteu no estudo das teorías marxistas.

  7. v t

    Poñer a alguén nunha determinada situación.

    Ex: Meteuna nun compromiso ao pedirlle ese favor.

  8. v t

    Facer que unha persoa reciba ou crea algo sen decatarse.

    Ex: Metéronlle patacas vellas e cobráronllas coma novas.

  9. v t

    Engadir unha cousa a outra.

    Ex: Meteron auga na xenebra.

  10. v t

    Facer máis estreita ou curta unha peza de roupa.

    Ex: Teño que lle meter ao pantalón polo menos cinco centímetros.

  11. v t

    Golpear a algo ou alguén.

    Ex: Meteulle unha patada na canela.

  12. v t

    Producir ou ocasionar no ánimo certo sentimento ou estado.

    Ex: Mételle medo ao irmán con historias de pantasmas.

  13. v t

    Facer que alguén comprenda algo.

    Ex: Non hai quen lle meta na cabeza que debe estudar.

  14. v t

    Facer que unha ferramenta exerza a súa acción sobre algo en que se está traballando.

    Ex: Mete a pa na masa e remexe para facer cemento.

  15. v pron

    Situarse unha persoa ou unha cousa no interior doutra ou dun lugar.

    Ex: Meteuse na casa pola porta que dá á eira para que non o viran.

  16. v pron

    Ir por un lugar.

    Ex: Metinme nunha rúa pola que non fora nunca.

  17. v pron

    Incorporarse alguén a un centro, colectividade ou oficio.

    Ex: Meteuse nun equipo de baloncesto.

  18. v pron

    Causar molestia ou desgusto. OBS: Utilízase seguido da preposición con.

    Ex: Meteuse co vello e este denunciouno.

  19. v pron

    Entremeterse alguén nun asunto alleo.

    Ex: Non te metas na miña vida.

Frases feitas

  • Meter a pata. Facer algo moi inoportuno.

  • Meter medo (algo). Causar asombro.

  • Meter o fociño/Meterse onde non o chaman. Expresión que se utiliza para dicir de alguén que é un entremetido.

  • Meterse o Sol. Solpor.

  • Meter baza. Intervir nunha conversación ou participar en algo.

  • Meter os cans na bouza/as cabras na horta. Provocar enfrontamento entre persoas.

  • Meter polos ollos. Presentar algo insistentemente a unha persoa para espertar o seu interese.

  • Meterse en camisas de once varas. Meterse en problemas.

  • Meterse en danzas. Meterse en asuntos de difícil solución.

  • Non saber onde meterse. Ficar avergoñado.

Palabras veciñas

meteoroloxista | Meteoros | Meteosat | meter | Métezeau | Metge, Bernat | Metheny, Pat
Conxugar
VERBO meter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meto
metes
mete
metemos
metedes
meten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metía
metías
metía
metiamos
metiades
metían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metín
metiches
meteu
metemos
metestes
meteron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metera
meteras
metera
meteramos
meterades
meteran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meterei
meterás
meterá
meteremos
meteredes
meterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metería
meterías
metería
meteriamos
meteriades
meterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meta
metas
meta
metamos
metades
metan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metese
meteses
metese
metesemos
metesedes
metesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meter
meteres
meter
metermos
meterdes
meteren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mete
-
-
metede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meter
meteres
meter
metermos
meterdes
meteren
Xerundio metendo
Participio metido
metida
metidos
metidas