introducir
(
-
v t
Facer que unha persoa ou unha cousa entre no interior doutra ou pase a estar entre outras.
Ex: Introduciu a carta no sobre e meteuna na caixa do correo. Introduciron o detido no coche e levárono á comisaría.
Sinónimos: meter. -
v t
Facer que alguén se incorpore ou se meta nun ambiente, disciplina ou noutra cousa inmaterial.
Ex: Foi el quen o introduciu no estudo da filosofía aristotélica.
-
v t
Facer que estea presente algo nalgún sitio.
Ex: Introducimos dous novos puntos no programa electoral.
-
v t
Facer que se adopte ou se use algo.
Ex: Introduciron a minisaia na temporada outono-inverno.
-
v t
Facer que algo ou alguén sexa admitido ou coñecido nun determinado ámbito ou lugar.
Ex: Introduciu o poeta nos círculos culturais máis elevados.
Sinónimos: meter. -
v t
Poñer introdución ou servir de introdución a algo, especialmente unha obra literaria.
Ex: Introduce o libro un dos mellores autores da escola.
-
v t
Servir algo de introdución, principio ou comezo de algo.
Ex: Neste caso a conxunción introduce unha oración subordinada substantiva.
-
v pron
Meterse unha persoa ou unha cousa no interior doutra ou pasar a estar entre outras.
Ex: O balón introdúcese na portería movido polo impulso do vento. O ladrón introduciuse na casa a través dunha fiestra.
Sinónimos: entrar, entrar. Antónimos: saír. -
v pron
Incorporarse ou meterse alguén nun ambiente, disciplina ou noutra cousa inmaterial.
Ex: Co casamento logrou introducirse na alta sociedade.
-
v pron
Pasar algo ou alguén a ser admitido ou coñecido nun determinado ámbito ou lugar.
Ex: O consumo do produto introduciuse a principios de século.
Palabras veciñas
intro- | introducible | introdución | introducir | introdutivo -va | introdutor -ra | introdutorio -riaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introduzo
introduces
introduce
introducimos
introducides
introducen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducía
introducías
introducía
introduciamos
introduciades
introducían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducín
introduciches
introduciu
introducimos
introducistes
introduciron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducira
introduciras
introducira
introduciramos
introducirades
introduciran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducirei
introducirás
introducirá
introduciremos
introduciredes
introducirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introduciría
introducirías
introduciría
introduciriamos
introduciriades
introducirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introduza
introduzas
introduza
introduzamos
introduzades
introduzan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducise
introducises
introducise
introducisemos
introducisedes
introducisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducir
introducires
introducir
introducirmos
introducirdes
introduciren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
introduce
-
-
introducide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles introducir
introducires
introducir
introducirmos
introducirdes
introduciren
introducida
introducidos
introducidas