entrar

entrar

(< lat intrāre)

  1. v i Antónimos: saír.
    1. Pasar algo ou alguén ao interior dun lugar.

      Ex: Entrei no portal porque chovía. Entramos na cidade polo sur. 

      Antónimos: saír.
    2. Pasar algo ou alguén por un lugar para dentro doutro.

      Ex: O ladrón entrou pola ventá. 

      Antónimos: saír.
    3. Comezar alguén o traballo diario.

      Ex: Entramos ás 7:30 da mañá. 

      Antónimos: saír.
  2. v i

    Introducirse ou penetrar unha cousa no interior doutra.

    Ex: O cravo non entrou na táboa. Esta chave non entra na pechadura. 

  3. v i

    Caber unha cousa ou unha persoa por un sitio.

    Ex: O coche novo non entra pola porta do garaxe. O anel xa non me entra no dedo. 

    Sinónimos: coller.
  4. v i

    Ser alguén admitido nun lugar.

    Ex: Non deixo que esa xente entre na miña casa. 

  5. v i

    Estar no inicio dun período temporal.

    Ex: Hoxe entra o verán. Entrou na pubertade. O seu pai entra nos cincuenta. 

  6. v i

    Incorporarse a unha institución, corporación, grupo ou actividade.

    Ex: O ano vindeiro entrarán no exército. Entrou nunha secta. Entrou na empresa familiar. 

    Antónimos: saír.
  7. v i
    1. Formar parte ou estar na constitución ou composición de algo.

      Ex: No caldo entra todo o que lle queiras botar. 

      Sinónimos: caber, coller.
    2. Constituírse un conxunto dun determinado número de elementos.

      Ex: Non sei cántas patacas entran nun quilo. 

      Sinónimos: caber, coller.
  8. v i

    Estar incluída unha cousa noutra.

    Ex: Estas preguntas non forman parte do exame. 

  9. v i

    Intervir ou tomar parte en algo.

    Ex: De seguida entrarei nese tema. Non entro na conversa. 

  10. v i

    Pasar a estar nun tempo, nunha situación ou estado.

    Ex: A lei entrou en vigor. O enfermo entrou en coma. Non entra en razón. Entrou en calor ó meterse na cama. 

  11. v i

    Comezar a notarse certa sensación.

    Ex: Entrou nunha grave depresión. Entroulle fame. 

  12. v i

    Ser asimilado e entendido algo pola mente.

    Ex: As matemáticas non lle entran. 

  13. v i

    Ser algo crible ou comprensible.

    Ex: Non sei en qué cabeza entra facer o que ti fixeches. 

  14. v i

    Invadir pola forza un territorio.

    Ex: O exército inimigo entrou na cidade. 

  15. v i [MÚS]

    Iniciar un cantante ou instrumentista unha intervención no curso dunha peza musical.

  16. v i [INFORM]

    Executar unha operación ou iniciar unha aplicación.

Frases feitas

  • Entrar/Pasar polo aro. Transixir.

  • Non entrar nin saír. Non opinar sobre un tema. Ex: Na túa vida non entro nin saio.

Palabras veciñas

entrante | entrapallar | entrar | entrar | entravesar | Entravessada | entre
Conxugar
VERBO entrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entro
entras
entra
entramos
entrades
entran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entraba
entrabas
entraba
entrabamos
entrabades
entraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrei
entraches
entrou
entramos
entrastes
entraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrara
entraras
entrara
entraramos
entrarades
entraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrarei
entrarás
entrará
entraremos
entraredes
entrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entraría
entrarías
entraría
entrariamos
entrariades
entrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entre
entres
entre
entremos
entredes
entren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrase
entrases
entrase
entrasemos
entrasedes
entrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrar
entrares
entrar
entrarmos
entrardes
entraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
entra
-
-
entrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
entrar
entrares
entrar
entrarmos
entrardes
entraren
Xerundio entrando
Participio entrado
entrada
entrados
entradas