entrante

entrante

(< entrar)

  1. adx

    Que entra ou que vai entrar.

    Ex: Descoñecemos quén será o director entrante. No mes entrante mellorará o tempo.

    Antónimos: saínte.
  2. s m

    Parte ou bordo da superficie dunha cousa que entra no interior doutra.

    Ex: O barco fondeou nun entrante da costa.

    Antónimos: saínte.
  3. s m

    Parte inicial dun proceso.

    Ex: No entrante da reunión xa discutiran. Xa se vai notando o entrante do verán.

    Sinónimos: inicio, comezo. Antónimos: final.
  4. s m

    Prato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.

    Ex: Non me gustan as olivas de entrante.

    Sinónimos: entrada, entremés. Confrontacións: aperitivo.
  5. s m [BÉL]

    Ángulo formado nunha fortificación por dous lenzos do muro co vértice cara a dentro.

Palabras veciñas

entrañable | entrañar | entrañas | entrante | entrapallar | entrar | entrar