alzar

alzar

(< lat *altiāre, dealtus)

  1. v t

    Poñer a un nivel máis alto.

    Ex: Alzou a man para preguntarlle as dúbidas ó profesor.

    Sinónimos: elevar, erguer, levantar. Antónimos: baixar.
  2. v pron

    Elevarse dende abaixo para arriba, situándose máis alto.

    Ex: Alzouse sobre os demais e encestou na canastra.

  3. v t

    Elevar algo a unha condición superior, a un grao superior de intensidade.

    Ex: Como volvan alzar a voz quedarán castigados sen recreo.

    Sinónimos: elevar, levantar.
  4. v t [ECON]

    Incrementar o prezo dalgunha cousa.

    Ex: Este ano alzaron os impostos un vinte por cen.

    Sinónimos: aumentar.
  5. v t

    Aumentar a altura dalgunha cousa.

    Ex: Os obreiros alzaron un muro de tres metros.

  6. v t

    Construír algunha cousa que sobresae dunha superficie e que acada certa altura.

    Ex: Alzaron un edificio por riba dun que construíran hai tres anos.

    Sinónimos: edificar, elevar, levantar.
  7. v pron

    Elevarse algo sobre un plano, acadando certa altura.

    Ex: Ó final do paseo que construíron álzase un arco de triunfo.

  8. v t

    Acción de limpar o gran ou as fabas deixándoas caer aos poucos cando vai vento.

  9. v t

    Incitar á rebelión.

    Ex: Alzou o pobo contra o señor do castelo.

  10. v pron

    Levantarse en rebelión.

    Ex: Os servos alzáronse contra o señor.

  11. v t [GRÁF]

    Dispoñer follas ou pregos impresos e colocalos segundo unha orde (no caso da formación dun libro, están dispostas segundo a orde da sinatura) para que, unha vez reunidos, poidan ser ligados.

  12. máquina de alzar [GRÁF/TECNOL]

    alzadeira.

Palabras veciñas

alzapón | alzaprema | alzapremar | alzar | alzas | Alzette | Alzheimer, Alois
Conxugar
VERBO alzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzo
alzas
alza
alzamos
alzades
alzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzaba
alzabas
alzaba
alzabamos
alzabades
alzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alcei
alzaches
alzou
alzamos
alzastes
alzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzara
alzaras
alzara
alzaramos
alzarades
alzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzarei
alzarás
alzará
alzaremos
alzaredes
alzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzaría
alzarías
alzaría
alzariamos
alzariades
alzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alce
alces
alce
alcemos
alcedes
alcen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzase
alzases
alzase
alzasemos
alzasedes
alzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzar
alzares
alzar
alzarmos
alzardes
alzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
alza
-
-
alzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
alzar
alzares
alzar
alzarmos
alzardes
alzaren
Xerundio alzando
Participio alzado
alzada
alzados
alzadas