lear

lear

(< ligare)

  1. v t

    Complicar unha cousa ou un asunto.

    Ex: Non queremos lear o asunto máis do que está.

    Sinónimos: enlear, liar.
  2. v t

    Pasar unha ligadura ao redor dunha cousa para asegurala.

    Ex: Leou as maletas que levaba na baca do coche.

    Sinónimos: atar, liar. Confrontacións: ligar.
  3. v t
    1. Envolver un paquete ou outra cousa sobre si mesma para asegurala.

      Ex: Leou todo nun papel grande e marchou.

      Sinónimos: liar.
    2. Envolver o tabaco para facer un cigarro.

      Ex: Leaba os cigarros cunha rapidez sorprendente.

      Sinónimos: liar.
  4. v pron

    Complicarse unha cousa ou un asunto.

    Ex: Todo se leou máis do que eu pensaba.

  5. v pron

    Ter unha agarrada entre persoas ou animais.

    Ex: Os machos leáronse nunha loita polo control das femias.

Palabras veciñas

Leandro | Leandro | Leandro, san | lear | LEAR | Leary, Timothy | leasing*
Conxugar
VERBO lear
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
leo
leas
lea
leamos
leades
lean
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
leaba
leabas
leaba
leabamos
leabades
leaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
leei
leaches
leou
leamos
leastes
learon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
leara
learas
leara
learamos
learades
learan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
learei
learás
leará
learemos
learedes
learán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
learía
learías
learía
leariamos
leariades
learían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lee
lees
lee
leemos
leedes
leen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lease
leases
lease
leasemos
leasedes
leasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lear
leares
lear
learmos
leardes
learen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
lea
-
-
leade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
lear
leares
lear
learmos
leardes
learen
Xerundio leando
Participio leado
leada
leados
leadas