Leandro
Leandro
[MIT]
Mozo de Abidos, namorado de Hero, unha bela sacerdotisa de Afrodita. Como Hero vivía na ribeira oposta do Helesponto, en fronte de Abidos, o mozo atravesaba a nado polas noites para estar con ela, guiado por unha lámpada que acendía Hero no alto da torre da súa casa. Pero unha noite de tempestade apagouse a luz e Leandro non puido alcanzar a costa e morreu afogado. Ao día seguinte a corrente deitou o cadáver o pé da torre de Hero, que se suicidou tirándose dela.