Leandro, san

Leandro, san

Arcebispo de Sevilla. Era o máis vello dos seus irmáns, santo Isidoro, san Fulxencio e santa Florentina. Nomeado arcebispo de Sevilla, converteu ao catolicismo a Hermenexildo, fillo do Rei Leovixildo e gobernador da Bética. Exiliouse a Constantinopla onde se enfrontou aos arianos. Á súa volta conseguiu que o Rei Recaredo abxurase do arianismo no III Concilio de Toledo (589) e acadou a unidade relixiosa do Reino Visigodo. Na iconografía viste ornamentos pontificais, co báculo e a mitra, e leva como atributos a pluma e o libro, por ser doutor da Igrexa, e un triángulo, pola súa defensa da Trindade. O Misal Romano de Galicia aínda mantén a antiga data do 13 de novembro, aínda que a reforma do calendario de 1969 trasladou a súa festividade ao 27 de febreiro.

Cronoloxía

  • Deceso

    Lugar : Sevilla