soltar

soltar

(< solta)

Nome científico: [d p: soltado, solto]
  1. v t
    1. Facer que algo ou alguén que estaba suxeito deixe de estalo.

      Ex: Non soltes a nena da man. Soltou o libro e case cae ao chan.

    2. Deixar libre algo ou alguén que está encerrado ou preso.

      Ex: Soltou o paxaro.

    3. Deixar frouxo.

      Ex: Solta un pouco máis de corda.

    4. Deixar saír.

      Ex: Soltaron a auga do encoro.

  2. v t

    Dicir algo que non é apropiado nun momento determinado.

    Ex: Soltou moitas parvadas na festa.

  3. v t

    Pór unha solta a un animal.

  4. v pron

    Quedar libre algo ou alguén que estaba preso ou suxeito.

    Ex: A vaca soltouse e fuxiu.

  5. v pron

    Comezar a realizar unha cousa con normalidade. OBS: Úsase seguido da preposición a máis infinitivo.

    Ex: Soltouse a andar.

  6. v pron

    Perder a timidez ou aquilo que impide realizar algo con soltura.

    Ex: Tardou en soltarse, pero despois falaba por todos.

Palabras veciñas

solta | soltable | soltadoiro | soltar | Solteiras, penas | solteiro -ra | solteirón -na
Conxugar
VERBO soltar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
solto
soltas
solta
soltamos
soltades
soltan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltaba
soltabas
soltaba
soltabamos
soltabades
soltaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltei
soltaches
soltou
soltamos
soltastes
soltaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltara
soltaras
soltara
soltaramos
soltarades
soltaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltarei
soltarás
soltará
soltaremos
soltaredes
soltarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltaría
soltarías
soltaría
soltariamos
soltariades
soltarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
solte
soltes
solte
soltemos
soltedes
solten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltase
soltases
soltase
soltasemos
soltasedes
soltasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltar
soltares
soltar
soltarmos
soltardes
soltaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
solta
-
-
soltade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soltar
soltares
soltar
soltarmos
soltardes
soltaren
Xerundio soltando
Participio solto/soltado
solta/soltada
soltos/soltados
soltas/soltadas