Atapuerca, Batalla de

Atapuerca, Batalla de

Batalla que tivo lugar na chaira de Atapuerca (Burgos) en setembro do 1054, entre os fillos de Sancho III de Navarra, García IV de Navarra e Fernando I de Castela, a causa das aspiracións deste último nos territorios casteláns que ampliaran o Reino de Navarra. García morreu na batalla e os casteláns ocuparon La Rioja e A Bureba.

Palabras veciñas

atanor | atapascano -na | Atapuerca | Atapuerca, Batalla de | ataque | atar | ataráctico -ca