agresión
(< lat aggressiōne
-
s
f
Acción e efecto de agredir.
Ex: Esta mañá houbo unha agresión contra a embaixada de EE UU.
Sinónimos: acometida, asalto, ataque, atentado. -
s
f
[BIOL]
Ataque contra o equilibrio ou a integridade dos organismos.
Ex: As continuas agresións contra o organismo humano debilítano.
-
s
f
[BIOL]
Interacción específica entre animais que se enfrontan mediante ameazas, ataques ou combates. É un factor importante que condiciona a miúdo a supervivencia do individuo ou da especie.
-
s
f
[DER]
Acción ilexítima non xustificada legalmente contra os bens ou os dereitos dunha persoa e, en especial, contra a súa integridade física. É unha das circunstancias que deben concorrer para eximir de responsabilidade penal ao actuar en lexítima defensa.
-
agresión internacional
[DER]
-
Acción dun estado que toma a iniciativa de atacar coas súas forzas armadas o territorio ou as forzas armadas doutro estado.
-
Feito ou conxunto de feitos que, sen constituír un ataque armado directo, xustifican que o estado que os sofre responda coa forza.
-
Intención de chegar a unha apertura de hostilidades e os feitos que revelan esa intención.
-
-
agresión sexual
[DER]
Delito consistente en atentar contra a liberdade sexual dunha persoa con violencia ou intimidación. Este termo engloba todo tipo de contacto sexual non consentido, dende os tocamentos ata a violación. No caso de que existan agravantes, como que o delito sexa cometido por ascendente, descendente ou irmán ou por tres ou máis persoas actuando en grupo, a pena imposta será máis ampla.