agresividade

agresividade

(< agresivo)

  1. s f

    Calidade de agresivo.

    Ex: A agresividade coa que actuou non ten desculpa ningunha.

    Confrontacións: fereza, violencia.
  2. s f [PSIC]

    Expresión dunha tendencia do individuo que o leva a atacar persoas ou cousas no plano motor, verbal ou imaxinario. Cómpre diferenciala da destrutividade porque se ben a agresividade pode atoparse vencellada con finalidades destrutivas, tamén pode desenvolverse ao servizo da autoafirmación ou acompañando outras tendencias: sexuais, de autoconservación, normativas, etc. Segundo as escolas psicolóxicas a agresividade variou a súa causa: se nos primeiros momentos a agresividade era unha conduta herdada, sen explicar o mecanismo que provocaba a herdanza, a partir das investigacións etolóxicas de Karl Lorenz pasou ser instintiva e innata (consecuencia do noso pasado ancestral como simios asasinos); dende 1975, a sociobioloxía explícaa en termos de herdanza xenética. Fronte a esta escola os psicólogos que proseguiron os traballos de investigación iniciados por Kropotkin e seguidos por Ashley Montagu, afirman que a agresividade é unha conduta social adquirida no contorno.

    Ex: Amosa unha agresividade enfermiza digna de estudio.

    Confrontacións: fereza, violencia.

Palabras veciñas

agremiar | agresina | agresión | agresividade | agresivo -va | agresor -ra | agreste