asalto

asalto

(

  1. s m

    Acción e efecto de asaltar.

    Ex: Foi condenado por asalto a man armada.

    Sinónimos: atraco.
  2. s m [BÉL]

    Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.

    Ex: O asalto á fortaleza inimiga puxo fin ós enfrontamentos entre os exércitos.

  3. s m [DEP]

    Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.

    Ex: O boxeador galego gañou en tres asaltos.

  4. s m [DEP]

    En esgrima, acometida que se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

Palabras veciñas

asaltador -ra | asaltante | asaltar | asalto | Asalto, conde do | Asam | Asama Yama