AMP
AMP
-
[BIOQ]
Mononucleótido, constituído pola asociación da adenina e o ácido fosfórico, que actúa como regulador alosteico das principais vías metabólicas. Tamén se denomina ácido 5’-adenílico.
-
AMPc
Forma cíclica do ácido adelítico, que fai a función de regulador de procesos metabólicos en bacterias e en animais. No fígado e no músculo esquelético estimula a glicoxenólise; no tecido adiposo, a lipólise. É tamén intermediario intracelular ou segundo mensaxeiro de catecolaminas e prostaglandinas, e intervén na regulación da expresión xénica e na síntese dalgúns enzimas.