"Daviña" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
-
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica viña e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Martin Fernandez da Viña” (doc ano 1299 en Clarinda de A. Maia, Historia do Galego-portugués, 1986, p 214). Adoita grafarse Da Viña.
-
Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha ponte de ouro de catro ollos.
-
-
GALICIA
Profesor. Licenciado en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Fernando Wirtz da Coruña, participou en congresos e xornadas sobre temas da súa especialidade, en cursos de formación para o profesorado e en distintos encontros sobre normalización linguística. Preocupado pola terminoloxía científica e técnica en galego, realizou un importante labor de análise dos problemas da modernización do galego como lingua científica. Colaborador en O Correo Galego, no que publica artigos baixo os epígrafes “Lingua e Ciencia”, “Lingua sen Ciencia” e “Nin lingua, nin ciencia”, destacan as súas obras, Necesidade (urxente) dun léxico científico (1991), Problemas do léxico científico (1993), Lingua e ciencia (1999), O problema da adaptación ao galego de cultismos científicos de orixe grega e latina (2001) e Dicionario das Ciencias da Natureza e da Saúde (vol I: A-B, 2000; vol II: C,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de colaborar en diversos medios de comunicación escrita, fundou en Port-Bou o periódico Tramontana (1924). Posteriormente, foi redactor de El Correo de Galicia. Escribiu La Puerta del Sol (1930), os dramas Noche de amor y misterio (1935) e De fiada (1935), e a zarzuela El estudante de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Foi secretario da Fundación Vicente Risco. Colaborador de diversas publicacións periódicas, como Grial, Agália e A Trabe de Ouro, escribiu, en colaboración, A Alta Limia (1993), A Baixa Limia (1996) e Baixo Arnoia (1998). Da súa produción destacan O ensino da historia no bacharelato franquista (período 1936-1951) (1991), Terra de Celanova (1993), Arredor da historia de Galicia: ensaios sobre o seu ensino e o nacionalismo (1997), Muíños: natureza viva. Lobios: natureza e historia (1998) e Memorial Juan Xesta (2004).
VER O DETALLE DO TERMO