Daviña

Daviña
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica viña e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Martin Fernandez da Viña” (doc ano 1299 en Clarinda de A. Maia, Historia do Galego-portugués, 1986, p 214). Adoita grafarse Da Viña.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, unha ponte de ouro de catro ollos.