"Dee" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Grampian, en Escocia, Gran Bretaña, situada nunha chaira litoral do Mar do Norte, entre o Don e o Dee (190.465 h [1996]). Porto de mar, aeroporto e nó ferroviario, é o centro rexional da Escocia do NL. Dende a década de 1970, converteuse na base principal para a explotación de petróleo no Mar do Norte. Residencia real do s XII ao s XIV. Cómpre destacar a súa universidade (1494) e a súa catedral (ss XIV-XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que se coñece a George Hamilton-Gordon .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raza bovina de carne, de talle mediano e pelame negro. É orixinaria dos condados de Aberdeen e de Angus (NL de Escocia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor romántico francés. Atraído polo misterio, a súa obra reflicte unha imaxinación sombría, mestura de sensualismo e misticismo, e unha constante evocación do pasado. En Les diaboliques (1874), o sobrenatural chega a dominar os trazos psicolóxicos das personaxes. Dentro desta liña, publicou ademais: L’ensorcelée (A embruxada, 1854) e Un prête marié (Un crego casado, 1865). Os seus artigos periodísticos foron recollidos en Oeuvres et Hommes du XlXe siècle (Obras e homes do s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. A partir do 1933 colaborou con E. Wigner na Universidade de Princeton, onde se introduciu no estudo do estado sólido. No 1945 entrou no Bell Telephone Laboratory onde traballou con W. B. Schockley e W. H. Brattain sobre o primeiro transistor, feito que os levou a compartir o premio Nobel de Física no 1956. No 1951 elaborou, na Universidade de Illinois, xunto con L. N. Cooper e J. R. Schrieffer, unha teoría da supercondutividade (coñecida como teoría BCS), presentada no 1957 e pola que recibiron o premio Nobel de Física do 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compartimento das lanchas de pesca e das dornas no que se gardan as redes e os aparellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio formado por unha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, cun oco no seu extremo superior onde se fixa e se coloca a candea.

      1. Extremidades posteriores dos cabalos ou burros.

      2. Pernas especialmente longas e delgadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Res de gando vacún cunha pata paralítica.

    2. Pedra, cun buraco no medio, no que encaixa a cancela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do NL de Escocia, nace nas montañas Grampian e desemboca despois dun percorrido de 140 km en Aberdeen, no mar do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do N de Gales, nace no lago Bala, segue unha dirección SL-NO e desemboca en Chester, no mar de Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e astrónomo. Cultivou a alquimia e a astroloxía, ao tempo que defendeu o uso da cabalística práctica. Durante os reinados de Eduardo VII e Isabel I exerceu de médico e astrólogo da corte. Impulsou o renacemento matemático en Inglaterra e colaborou nos traballos de adaptación do calendario gregoriano. É o autor de numerosos escritos sobre matemática, navegación, cartografía e hidrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘bandullo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ordenador construído por IBM e programado para xogar ao xadrez. En 1985, Feng-hsiung Hsu, Murray Campbell e Thomas Anantharaman, estudiantes de doutoramento da Carnegie Mellon University, empezaron o desenvolvemento dunha computadora para xogar ao xadrez. O froito do seu traballo foi un ordenador ao que chamaron Chiptest, co que acudiron por primeira vez a unha competición en novembro de 1986. O proxecto perfeccionouse de xeito que en maio de 1988 se presentou Deep Thought 0.01, un novo ordenador máis potente, que en novembro dese ano xa quedara anticuado, substituído por Deep Thought 0.02. En maio de 1989 Deep Thought obtivo o seu primeiro triunfo nun campionato e nese ano IBM contratou os creadores do proxecto. Daquela, a máquina, que xa vencera o ex-campión mundial Anatolij Karpov no transcurso dunhas simultáneas, enfrontouse por vez primeira ao vixente campión mundial, Garry Kasparov. O desafío xogouse a seis partidas; na primeira delas, o xogador soviético retirouse, aínda que finalmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica realizada en 1978. Foi dirixida por Michael Cimino e interpretada por Robert De Niro, John Savage, Christopher Walken e Meryl Streep. É a historia de tres amigos que deciden ir á Guerra de Vietnam. Esta decisión, que parecía unha aventura no principio, acaba marcando as súas vidas de forma definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iconografía de Xesús na cruz acompañado de san Xoán Evanxelista e da Virxe ao pé da mesma. Foi un motivo moi empregado na arte bizantina ata o s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da rexión de Tayside, Escocia, no Reino Unido, situada na marxe esquerda do río Tay (148.900 h [1997]). É un destacado centro comercial e núcleo industrial, onde sobresaen a construción naval, a industria metalúrxica e o sector téxtil. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar o conxunto da City Church, formado polas igrexas de Saint Mary, Saint Paul e Saint Clemens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte francés. En 1915 creou a revista L’Élan, onde expuxo os principios de purismo en pintura. En 1918 publicou, xunto con Le Corbusier, Aprés le cubisme, manifesto purista, do que desenvolveron as ideas na revista L’Esprit Nouveau (1920-1925). Instalado en Nova York (1938), abriu a Ozefant School of Fine Arts. Autor de Vie (1931-1938, París), publicou Art (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arrandeadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Canadá, situado ao NL da provincia de Saskatchewan e ao NO de Manitoba. Esténdese ao longo de 241 km de lonxitude e 58 km de anchura.

    VER O DETALLE DO TERMO