Bardeen, John

Bardeen, John

Físico norteamericano. A partir do 1933 colaborou con E. Wigner na Universidade de Princeton, onde se introduciu no estudo do estado sólido. No 1945 entrou no Bell Telephone Laboratory onde traballou con W. B. Schockley e W. H. Brattain sobre o primeiro transistor, feito que os levou a compartir o premio Nobel de Física no 1956. No 1951 elaborou, na Universidade de Illinois, xunto con L. N. Cooper e J. R. Schrieffer, unha teoría da supercondutividade (coñecida como teoría BCS), presentada no 1957 e pola que recibiron o premio Nobel de Física do 1972.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madison, Wisconsin

  • Deceso

    Lugar : Boston