"Deia" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
DIARIOS
Diario de información xeral fundado en Bilbao en 1977, baixo o auspicio da Editorial Iparraguirre e por iniciativa dun grupo de empresarios vinculados ao Partido Nacionalista Vasco. Dirixido por Juan José Baños Loinaz, subtitúlase “Diario de Bizkaia”, “Diario de Araba” e “Diario de Gipuzkoa”, segundo o territorio no que saia á venda. Redactado en castelán, inclúe algunhas páxinas en éuscaro. A partir do ano 1986 publicou tamén un semanario totalmente redactado en vasco chamado Deia Euskaraz. Inclúe, amais das seccións “Euskadi”, “Opinión”, “Estado”, “Mundo”, “Economía” e “Deportes”, a revista D2 con información de carácter cultural e programación de cine e televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filla de Eneo, rei da cidade etolia de Calidón, e de Altea. Conducía un carro de combate e coñecía ben a arte da guerra. Cando Heracles descendeu aos infernos na procura de Cérbero, atopou a alma de Meleagro, irmán de Deianira, que lle pediu ao heroe que casase con esta. Así, de volta na Terra e tras vencer o deus-río Aqueloo, quen tamén a pretendía, uniuse en matrimonio con Deianira. Heracles e a súa esposa tiveron que partir para o desterro por darlle morte involuntariamente a Eunonios. Ao chegaren ao río Eveno encargáronlle ao centauro Neso que levase a Deianira á outra beira. Cando o centauro, aproveitando a ocasión, ía violala, Heracles feriuno mortalmente cunha das súas frechas. Pero Neso, antes de morrer, tivo tempo de ofrecerlle a Deianira o seu sangue en forma de filtro máxico, que lle permitiría reconquistar o amor do seu marido se algún día o perdía. Co tempo Heracles namoraríase de Iole, filla do Rei Euritos; daquela Deianira, celosa, mandoulle unha túnica mollada co filtro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación plena e rigorosa do home, na Grecia clásica, nos aspectos intelectual, espiritual e atlético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en abril de 1986 como un espazo aberto de actuación, reflexión, debate, formación e investigación en ciencias humanas e sociais. Dos seus obxectivos destacan a realización de actividades orientadas á formación e investigación, a implantación de programas e tarefas dinámicas e a busca da excelencia en servizos e prácticas profesionais, desde unha abordaxe interdisciplinar e integral. Presidida por Rosalía Mera Goyenechea, impulsou os proxectos Antear, Trébore e Evos, que tiñan como obxectivo a inserción laboral das persoas con discapacidade psíquica ou con risco de exclusión social.