"Deiro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 188.

  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘almofía’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Allariz que pode presentar a variante Abrideira. As súas armas levan, en campo de goles, un pexego de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se abre con facilidade.

      1. Froita que, ao estar madura, se abre e solta o óso con facilidade.

      2. ariedade de pexegueiro que produce un froito do mesmo nome que ten como característica o feito de abrirse e desprender o óso con facilidade.

    2. Enfermidade da abeleira, provocada polos ácaros Eriophyes coryligallorum e Phytoptus avellanae que atacan as xemas florais ou vexetativas. As xemas enfermizas atrófianse, así queda impedida a formación do froito e a árbore queda debilitada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • abrigadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar costeiro onde poden fondear as embarcacións ou buques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mecanismo empregado para afumar alimentos que consiste nunha roda ou cana longa colgada do teito, na que se penduran ao fume da lareira, untos, chourizos e outros alimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Referente ao aguinaldo.

    2. Cada unha das persoas que van en grupo polas casas cantando o aguinaldo para recadar cartos, larpeiradas ou outros presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Soldado armado con alabarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que fabrica ou vende albardas e amaña instrumentos, apeiros ou ferramentas de coiro. Este oficio provén do artesán que facía ou vendía albardas, selas, bastos e outras guarnicións das bestas de carga. Documéntase a partir do s XV.

    2. Persoa mal amañada e vestida de calquera xeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Táboa fixada de xeito horizontal nunha parede na que se colocan todo tipo de obxectos.

    2. Estante pendurado na parede onde se colocan os utensilios da cociña como pratos, vasos e cuncas.

    3. Taboleiro situado nas cortes onde se deposita a comida do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é doado para camiñar ou moi transitable.

    2. Que anda moito.

    3. Tipo de carriño con rodas empregado para aprenderlle aos meniños os seus primeiros pasos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome galego que posteriormente pasou a apelido, función coa que aínda pervive en Portugal. De orixe escura, para uns vén de Anterio (derivado de Anteros, antigo nome dun deus grego do amor pederástico e irmán de Eros), frecuente entre escravos e libertos romanos; e, para outros, de Emeterio (de procedencia grega co significado de ‘materno’). Do xenitivo latino Emeterii podería vir o nome de lugar Meder e, de Sanctum Emeterium, Santander. Como topónimo, Andeiro é unha parroquia de Cambre. Andeiro e Celidonio, dous dos santos máis antigos no culto hispánico (s VI), foron mártires nados na Gallaecia asturicense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda das terras de Bergantiños, dende onde saíron ramas que fundaron novas casas en Sofán, Goiáns, Mondoñedo, Ourense e Granada. Desta familia galega, descenden os Andeiro de Portugal que marcharan a servir o Rei Pedro I no século XIV. Xoán de Andeiro obtivo, a cambio do apoio real, tres vilas e o condado de Ourén. Por mor da súa relación coa raíña Leonor (esposa de Fernando de Portugal), o Rei Xoán I, fillo de Pedro I e sucesor de seu irmán Fernando, mandouno matar; con el despareceu o seu condado. As súas armas levan, en campo de goles, unha torre de pedra. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Natural da Gallaecia Asturicense e fillo do centurión san Marcelo foi, xunto co seu irmán san Celidonio, decapitado no ano 303 baixo o Imperio de Diocleciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instalación ferroviaria onde os trens efectúan paradas discrecionais para recoller ou deixar pasaxeiros. Os apeadeiros non ofrecen servicios de venda de billetes, nin contan con persoal á disposición dos usuarios, limitándose a súa infraestrutura a unha exigua plataforma e, en ocasións, unha marquesiña onde abeirarse os viaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘casadeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Manuel López Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO