"Desiderio" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • GALICIA

    Sindicalista, líder da CNT. Retornado de Arxentina, participou na fundación da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores e do xornal Revolución, dos que se arredou a finais de 1931 debido á inxerencia do PCE local. En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e contribuíu a organizar o grupo Natura da FAI. Coñecido no Morrazo polo seu labor de asesoramento dos sindicatos mariñeiros, chegou a representar a Fraternidad Marinera de Moaña no Congreso da CNT, celebrado en maio de 1936 en Zaragoza. Detido nos primeiros días da Guerra Civil, foi condenado a morte e logo conmutada a pena por nove anos de cadea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei longobardo (757-774), sucesor de Astolfo. Ocupou os Estados da Igrexa durante o goberno do Papa Adriano I, quen lle pediu axuda a Carlomagno, que fora xenro de Desiderio. Durante a guerra (773-774) foi derrotado por Carlomagno e recluíuse nun mosteiro franco, onde morreu. Con Desiderio rematou o reino longobardo, que foi anexionado por Carlomagno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Foi autor do monumento a Carlo Marsuppini en Santa Croce (1453?), do altar de mármore da igrexa de San Lourenzo (1461) e dalgúns motivos ornamentais da capela Pazzi. Realizou bustos femininos e de nenos entre os que destacan os da Madonna Panciatichi (Virxe Panciatichi) e de San Xoán e Xesús, nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome augural cristián tomado do substantivo latino desiderius ‘desexo’, que expresa o desexo da divina salvación ou proclama que o nacemento dese fillo fora longamente desexado (como Deogracias, do latín Deo gratias ‘deamos grazas a Deus’). Presenta o hipocorístico Xirelo para a forma masculina. Houbo varios santos con este nome: un bispo mártir de Langres (s V); un arcebispo de Besançon (s V); un arcebispo de Bourges (VI); e un bispo de Vienne (Francia), que morreu lapidado acusado de conspirar contra Brunilda. Tamén recibiu este nome o derradeiro rei dos longobardos (s VIII). A súa festividade celébrase o 25 de marzo e o 23 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e nos Países Baixos e Reino Unido. Nun primeiro momento recibiu a influencia racionalista, como o emprego da cuberta plana e do vidro e o formigón, e despois incluíu elementos rexionalistas, como a galería de cristais, ou eclécticos, como a mansarda. Participou no Plan de Escuelas Rurales e no Plan e Vigencia de Escuelas de Vigo, baixo o Ministerio de Educación y Ciencia, polo que construíu un bo número de colexios públicos. Realizou tamén edificios de vivendas e, entre outras obras, o centro parroquial de Santa Baia de Alcabre (1996). O seu interese pola música levouno o deseño de salas de música e en 1988 recibiu o Premio Dragados y Construciones da Fundación CEOE pola rehabilitación do antigo Teatro García Barbón de Vigo (Centro Caixanova).

    VER O DETALLE DO TERMO