"Dimo" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés que se atopa unido ao xemelgo unicamente pola parte central do corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés que se atopa unido co seu xemelgo pola parte superior do corpo, mentres que pola parte inferior están separados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Outeiro preto de Nápoles, famoso polo seu palacio, antiga residencia real, comezado en 1738 segundo os planos de G. A. Medrano. En 1739 Carlos III das Dúas Sicilias estableceu unha importante manufactura de porcelana no edificio da garda maggiore. En 1756 trasladouse ao Buen Retiro de Madrid. Reconstruída en 1771 por Fernando IV das Dúas Sicilias, foi destruída en 1806 polas tropas francesas. Desde 1957 o palacio é sede do Museo e da Gallerie Nazionali di Capodimonte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Individuo siamés unido co seu xemelgo pola parte inferior do corpo.
-
-
Aplícase ás estruturas ou órganos que se presentan en parella.
-
testículo.
-
-
PERSOEIRO
Teólogo. Coñecido tamén como Dídimo de Alexandría, dirixiu a escola cristiá de Alexandría (340-395). Entre os seus discípulos sobresaen Paladio, Rufino e Xerónimo. Seguidor de Oríxenes, a súa doutrina foi condenada nos concilios xerais sexto e sétimo. Consérvanse fragmentos das súas obras De Trinitate (Sobre a Trindade) e De Spiritu Sancto (Do Espírito Santo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Espora bicelular.
-
-
-
Calidade de dimorfo.
-
Tipo de polimorfismo no que se dan dúas formas distintas pola súa morfoloxía externa, dentro dunha determinada especie vexetal ou animal. Fálase de dimorfismo sexual cando estas dúas formas se corresponden cos dous sexos. Tamén hai un dimorfismo estacional, que conduce a dúas xeracións morfoloxicamente diferentes, adaptadas cada unha de xeito distinto ás variacións dos factores ambientais. Nos ciliatos e nalgúns foraminíferos dáse o dimorfismo nuclear, que consiste na presenza de dous tipos de núcleos en cada célula: o micronúcleo, de carácter xenerativo, e o macronúcleo, somático ou metabólico, que non adoita dividirse.
-
Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, dúas ordenacións distintas, que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes. É un caso particular de polimorfismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode presentar baixo dúas formas distintas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da orde dos pterosauros, de ata 120 cm de envergadura. Presentan unha cabeza grande e estreita de ata 20 cm de lonxitude. Propios de principios do Xurásico, os xacementos máis importantes están en Inglaterra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais e glabras, da familia das asteráceas, de ata 40 cm de altura. Posúen follas grosas, estreitas e dispostas nunha mouta basal. Os capítulos están formadas por lígulas de cor laranxa. Algunhas especies, orixinarias do S de África, especialmente D. aurantiaca, foron introducidas como ornamentais en Europa a finais do s XVIII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno corpo de forma semilunar situado na parte superior do testículo, formado polo conxunto de condutos seminíferos enrolados e que continúa co conduto deferente. Contribúe ao almacenamento e á maduración dos espermatozoides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpo que está situado enriba do epidídimo, que consta de tubos cerrados e que representa o resto da porción posterior do corpo de Wolff.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cesta alta e estreita, feita de madeira, que se emprega na vendima.