Dídimo o Cego

Dídimo o Cego

Teólogo. Coñecido tamén como Dídimo de Alexandría, dirixiu a escola cristiá de Alexandría (340-395). Entre os seus discípulos sobresaen Paladio, Rufino e Xerónimo. Seguidor de Oríxenes, a súa doutrina foi condenada nos concilios xerais sexto e sétimo. Consérvanse fragmentos das súas obras De Trinitate (Sobre a Trindade) e De Spiritu Sancto (Do Espírito Santo).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alexandría