"Dione" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
NUCLEOS
Núcleo urbano establecido entre o pobo dos ártabros durante a ocupación romana da Gallaecia. É froito do primeiro desenvolvemento urbano dos romanos nestes territorios coa dinastía xulio-claudia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deusa grega con culto no santuario de Dodona. Pertencente á primeira xeración divina, é filla de Urano e Xea de Atlante, ou é unha das Oceánidas, segundo as diferentes tradicións. Tamén se di que é nai de Níobe e Pélope ou de Afrodita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite de Saturno, descuberto por Gian Doménico Cassini o 21 de marzo de 1684. Ten un diámetro de 1.120 km, unha densidade de 1’4 g/cm3, polo que é o satélite máis denso, e presenta unha magnitude visual máxima de 10,7. Gravita a unha distancia media do planeta de 378.000 Km, cun período de 2 días, 17 horas e 36 segundos. As fotografías tomadas pola sonda norteamericana Voyager I amosaron a existencia dunha grande asimetría entre os hemisferios anterior e posterior, ambos os dous cubertos de cráteres meteoríticos semellantes aos da Lúa e, ademais, observouse a existencia de terreos semellantes aos planos e ás terras altas da Lúa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Úlcera necrótica de longa evolución producida por unha irradiación intensa e localizada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neurite que aparece en individuos que estiveron baixo a influencia dos raios X durante moito tempo.