Dione

Dione
[ASTRON]

Satélite de Saturno, descuberto por Gian Doménico Cassini o 21 de marzo de 1684. Ten un diámetro de 1.120 km, unha densidade de 1’4 g/cm3, polo que é o satélite máis denso, e presenta unha magnitude visual máxima de 10,7. Gravita a unha distancia media do planeta de 378.000 Km, cun período de 2 días, 17 horas e 36 segundos. As fotografías tomadas pola sonda norteamericana Voyager I amosaron a existencia dunha grande asimetría entre os hemisferios anterior e posterior, ambos os dous cubertos de cráteres meteoríticos semellantes aos da Lúa e, ademais, observouse a existencia de terreos semellantes aos planos e ás terras altas da Lúa.

Palabras veciñas

Dión de Siracusa | Dionaea | Dione | Dione | dionimia | dionisíaco -ca | dionisias