Dión de Siracusa

Dión de Siracusa

  (Siracusa 409? a C - 354 a C) Tirano de Siracusa (357-354 a C). Discípulo de Platón, contou coa confianza de Dionisio I o Vello, pero foi desterrado ao Peloponeso por Dionisio II o Novo, quen estableceu un réxime autocrático. Regresou, e coa axuda de mercenarios gregos ocupou Siracusa (357 a C) e destronou a Dionisio II o Novo. Tropezou coa hostilidade dos poderosos e do pobo a causa dos impostos. Morreu asasinado por Calipo, xefe do partido popular.

Palabras veciñas

Dión | Dión Casio | Dión Crisóstomo | Dión de Siracusa | Dionaea | Dione | Dione