Osa Maior

Osa Maior
[ASTRON]

Constelación boreal que se sitúa entre as de Dragón, Boieiro, Lebreiros, León Menor, Lince e Xirafa. Contén 210 estrelas visibles a simple vista, cinco das cales son de segunda magnitude e sete de terceira. O astro principal, α-Ursae Majoris, é un sistema dobre que se sitúa a unha distancia de 142 anos luz da Terra no que a estrela principal é unha estrela xigante de magnitude aparente visual de 2,02, e no que a estrela secundaria ten unha magnitude de 4,96. A Osa Maior contén outro sistema dobre, constituído polas estrelas Mizar e Alcor. OBS: Tamén se denomina popularmente Carro ou Carro de ceo.

Palabras veciñas

| | osa | Osa Maior | Osa Menor | Osa, campa da | Osado