Osa Menor
Osa Menor
[ASTRON]
Constelación boreal que se sitúa entre as de Xirafa, Dragón e Cefeo. Contén 40 estrelas visibles a simple vista, dúas das cales son de segunda magnitude e unha de terceira. A estrela principal da constelación, α-Ursae Minoris, é a estrela polar e coincide, aproximadamente, coa posición do Polo Norte do Hemisferio celeste. OBS: Tamén se denomina popularmente Carro pequeno.