Dión Casio

Dión Casio

Cónsul e historiador de orixe grega. Chegou a Roma logo do ascenso ao trono do Emperador Comodo (180) e accedeu ao Senado romano. Nomeado pretor durante o goberno de Pértinax, foi cónsul con Septimio Severo e máis tarde acompañou a Caracalla na súa expedición a Oriente (216). Durante o goberno do Emperador Severo Alexandre (222-235), administrou o proconsulado de África, as provincias imperiais de Dalmacia e Panonia Superior, e foi cónsul (229). Despois abandonou a vida pública e retirouse a Bitinia. Escribiu unha Historia Romana en oitenta volumes, dos que se conservan vintecinco, que abranguen o período comprendido entre o 69 a C e o 47 d C, e entre o 216 e o 219. Empregou, entre outras fontes, os antigos anais romanos, e dende o libro 36 en adiante, as obras de Tito Livio e Tácito. Destacan os capítulos que adica á súa época e nos que analiza a clase senatorial.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nicea, Bitinia