Linked Ring Brotherhood
Linked Ring Brotherhood
[FOTOG]
Grupo encadrado dentro da corrente pictorialista, que xurdiu en Londres en maio de 1892. Rival da Photographic Society of Great Britain, os seus fundadores foron H. Peach Robinson, George Davison, Lionel Clark, H. Hay Cameron e Alfred Maskell. Os seus obxectivos eran reunir o maior número de fotógrafos pictorialistas de calidade, organizar unha exposición anual, o Photographic Salon (a partir de 1893), e crear premios. A agrupación disolveuse en 1908.