"Ditis" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Protector de Dánae e Perseo e irmán de Polidectes, tirano de Séfiros. Segundo a lenda, recolleu na beira de Séfiros o cofre no que viñan Perseo e a súa nai. Reinou na illa trala morte do seu irmán.
-
-
Relativo ou pertencente aos ditíscidos.
-
Insecto da familia dos ditíscidos.
-
Familia de coleópteros acuáticos na que os escaravellos miden entre 1 mm e 40 mm na fase adulta; os máis deles son de cor escura e forma hidrodinámica, convexa por riba e por baixo, e a maioría das especies presentan unha superficie lisa. A cabeza encaixa no protórax e posúe grandes ollos e antenas filiformes de once artellos. As patas posteriores son máis longas ca as medias e anteriores, e teñen pelos no seu bordo que aumentan a superficie das extremidades, que moven de xeito alternativo ao nadar. Habitan en todo tipo de ambientes de auga doce, tanto en movemento como estancada, especialmente en aguas que superan 1 m de profundidade xa que necesitan renovar o aire que levan debaixo dos élitros. Cada certo tempo soben e colocan o extremo do abdome en contacto coa superficie da agua e desta forma introducen o aire fresco debaixo dos élitros. Tanto os adultos como as larvas son feroces depredadores que poden apresan animais meirandes ca eles. Aliméntanse de pequenos invertebrados, como larvas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación popular dos coleópteros da familia dos ditíscidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia, nun mesmo individuo, de órganos sexuais masculinos e femininos, de tecido ovárico e testicular ou ben de órganos de reprodución que non presentan a típica característica dun só sexo. A pesar de que é normal nun certo número de invertebrados (anélidos, crustáceos e moluscos), é completamente excepcional dentro da especie humana. O pseudo-hermafroditismo ou xinandromorfismo consiste nunha malformación dos xenitais, caracterizada pola presenza nun mesmo individuo dalgunhas características aparentes dos dous sexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno conxénito en que un individuo posúe as glándulas sexuais dun sexo, pero os xenitais externos do sexo oposto.