"Do Pico" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Conxunto de máis de 30 muíños conservados no Rosal. Sitúanse en ringleira sobre a ladeira dunha montaña para poder aproveitar mellor a forza motriz dos saltos de auga. O muíño máis antigo construíuse, segundo unha inscrición do lintel, en 1702. Todos teñen planta rectangular coas paredes feitas de cachotería ou cantería. Accédese a eles a través dunha camiño de sendeirismo sinalizado. Foron declarados Ben de Interese Cultural en 1998.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que se estende polas parroquias de Vilouta, O Cereixal e Penamaior (Becerreá), no límite co concello de Baralla, seguindo unha dirección SO-N e cunha altitude media de 1.000 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arca (O Pino). Ten planta en forma de U, con patín como entrada principal. As dúas ás son desiguais e unha delas remata en forma de torre. Cara ao centro do corpo central ten outra torre e sobre a porta da solaina atópase a data de 1699. Conserva un pombal, a capela, os alpendres e outras construcións adxectivas. A pedra de armas alude aos Leis ou Caamaño, Villardefrancos, Moscoso e Pardiñas ou Rioboo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña entre o 3 de marzo e o 28 de abril de 1860. Fundada e dirixida polos irmáns Francisco María e Antonio de la Iglesia e sen periodicidade fixa, está considerada como a primeira publicación escrita integramente en galego. A través de diversas crónicas asinadas por Francisco, tratou a Guerra de África dun xeito benévolo.

    VER O DETALLE DO TERMO